Limpeza

Os populares preguntan que oculta o goberno local para aboar a Urbaser 1.569.176,03 M€

By 19 Abril, 2024Sin comentarios
  • Socialistas e nacionalistas presentaron, por vía de urxencia á comisión de contas que se celebrou esta mañá, a factura con reparo de legalidade que se aboará á anterior empresa concesionaria da limpeza
  • Os populares fixeron estas declaracións logo de coñecer esta nova e avanzaron que analizarán toda a documentación deste expediente
  • Para os populares “é incrible que se plantexe esta circunstancia cando todos lembramos como era a prestación deste servizo e os problemas de limpeza que tiñamos en  Lugo nos anos 2021 e 2022”
  • O goberno local xustificou este recoñecemento extraxudicial de crédito indicando que é para pagar horas extra e vacacións do persoal de Urbaser e explica que negociou coa empresa pagar o 59% para non afectar ao funcionamento do concello.
  • Dende o PP manifestan que estamos falando dunha cantidade moi significativa que afectará á maltrecha situación económica do concello ao ter que pagar 1.5M€ dunha factura do ano 2022
  • Os populares tamén son moi críticos coas formas coas que PSOE e BNG abordan asuntos deste calado “incorporándoos á documentación das comisións con nocturnidade e alevosía” e así llo trasladaron ao equipo de goberno.
  • Comprometéronse a que non volvería a ocurrir baixo a advertencia do PP de que era a segunda vez que acontencía esta falta de respecto e que se se volvían a repetir os feitos acudirían a outras instancias.

ALVARELLOS BATE RECORDS PAGOS CON REPAROS

 

  • Case o 70% das facturas que a nova alcaldes elevou a pleno non se axustan aos trámites legais. En 4 MESES presentou pagos a empresas e autónomos por un importe de 3M€ con recoñecementos extraxudiciais,  dos cales 2M€ pagárose con reparos.

 

  • Os populares lamentan que un dos logros da nova alcaldesa Paula Alvarellos e no que “bate records” son nos pagos con reparos de legalidade. Dende o un de Xaneiro e ata a data do pleno do vindeiro 25 de abril os recoñecementos de crédito suman  753.642,94 e deles están  REPARADOS: 1.998.868,04€

 

MÁIS INCERTIDUMES COAS TERRAZAS

 

  • Con respecto á situación das terrazas recoñeceron que van tarde coa elaboración da ordenanza prometida dende 2021; tamén recoñeceron que a volta á normalidade trala pandemia das terrazas se retrasa e por último a afirmación de que o bando e a ordenanza non teñen nada que ver o único que provoca á veciñanza son incertezas.

 

  • As respostas que nos brindan nas comisións confirman que o goberno local de Lugo traballa sen planificar e que non ten sensibilidade con problemáticas do día a día da veciñanza e empresarios”. “Esto non é a forma de traballar, se xa van tarde como mínimo deberían facer as cousas ben ”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies