EconomíaProposición

O Partido Popular acada o apoio do pleno para actualizar o inventario de patrimonio do Concello

By 30 Novembro, 2017Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadaou a unanimidade do pleno para que o goberno local actualice o inventario dos bens e dereitos do Concello de Lugo e para que se elabore un Regulamento do Inventario Xeral do Concello de Lugo que recolla todos os bens e dereitos municipais para facilitar a xestión do patrimonio do Concello.

A Administración ten a obrigación legal de regular de forma eficiente o seu patrimonio o que supón un dos principais retos da xestión pública, todo iso en base ao artigo 132 da Constitución, así como na Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP).

Igualmente hai normas que obrigan ás Entidades Locais a formar inventario e á súa rectificación anual, situación esta que non está a suceder na actualidade, por tanto incúmprese de forma flagrante a Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia e o Real Decreto Lexislativo 781/1996, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

O inventario segundo o Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, debe documentar os dereitos que se manteñen sobre eses bens, a descrición das súas características físicas e funcionais coa súa valoración. Este mandato normativo tamén é obxecto de incumprimento por parte do Concello de Lugo porque non figuran datos como os superficie das leiras rústicas, así como a valoración de moitas delas e o aproveitamento das mesmas; a identificación dos lindeiros; a natureza dos inmobles; as características dos edificios no relativo á súa construción e estado de conservación; os límites, lonxitude e anchura das vías públicas; a data de adquisición e custo dos vehículos; a inexistencia de inventarios de bens mobles de carácter histórico ou artístico e de valores mobiliarios, etc

En definitiva a existencia dun inventario completo do patrimonio do Concello de Lugo, así como un Regulamento que recolla todos os seus bens e dereitos son unha ferramenta imprescindible para unha xestión integral e eficaz do Patrimonio, non só para controlar as unidades físicas e as características administrativas dos bens, senón tamén como axuda para a toma de decisións referentes a asuntos tales como: adquisicións e arrendamentos de inmobles, reparacións e conservación, infrautilización de edificios, determinación do custo dos programas ou servizos.

 

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Incoar o expediente para aprobar a rectificación e actualización do inventario dos bens e dereitos desta Corporación, de conformidade cos artigos 86 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e 34 do  Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
  2. Que se practiquen cantas actuacións resulten necesarias e se elaboren os documentos procedentes, así como os informes técnicos precisos para a identificación individualizada de cada ben ou dereito ao amparo do previsto nos arts. 20 e seguintes do Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
  3. Que se elabore un Regulamento do Inventario Xeral do Concello de Lugo que recolla todos os bens e dereitos, incorporando as modificacións normativas en materia de Patrimonio e dese modo facilitar a xestión do patrimonio do Concello.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies