Medio Ambiente

O PP acusa ao PSOE de “irresponsable” por non ler o proxecto da praia fluvial e esixe a dimisión de Piñeiro

By 10 Abril, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide lamenta que os socialistas eludan a súa responsabilidade no erro da ubicación da praia fluvial xa que a súa confusión “non é algo puntual” xa que reflíctese en seis planos, nas referencias GPS aportadas, na memoria de 50 páxinas e no estudo batimétrico

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que os socialistas están a mentir a toda a cidadanía no referente á praia fluvial, xa que o que Lara Méndez cualificou como un erro puntual non é tal, xa que o troco de ubicación da zona pública de baño pode verse en seis planos, nas referencias GPS aportadas, na memoria de 50 páxinas e no estudo batimétrico, por tanto, un erro reiterado ao longo de toda a documentación.

O popular asegura que nin Lara Méndez nin Daniel Piñeiro foron capaces de “ler” nin un dos documentos referentes á praia fluvial polo que “estamos ante unha neglixencia en toda regra”.

O voceiro popular asegura que en calquer outra institución esta situación desembocaría “na dimisión” do concelleiro de Medio Ambiente ou en que a alcaldesa o “cesaría inmediatamente” das súas función, pero reafírmase que no Concello de Lugo os socialistas prefiren premiar “a ineptitude”. Antonio Ameijide asegura que os grandes problemas do Concello de Lugo céntranse na área de Piñeiro, como son a RPT, a Fábrica da Luz, PXOM, o Garañón ou a propia praia fluvial.

Antonio Ameijide asegura que “de non ser pola denuncia” efectuada polo Grupo Popular, Lara Méndez acudiría onte á Confederación Hidrográfica Miño Sil a participar nunha xuntanza “sen saber a documentación que levaba”. “Os socialistas tiñan que estar agradecidos ao Partido Popular porque non so facemos o noso traballo, se non que tamén facemos o seu e os libramos de facer o ridículo máis absoluto diante do presidente da Confederación Hidrográfica”, explicou o voceiro popular.

O popular lamentou a “neglixencia” acreditada polo socialistas xa que nin Lara Méndez, nin Daniel Piñeiro nin o xefe de gabinete (que acompañou a Lara Méndez á xuntanza) foron capaces de revisar a documentación coa que acudiron á xuntanza na Confederación Hidrográfica Miño-Sil. “Non revisaron nada. Lara Méndez podía levar na carpeta á xuntanza un cómic de Mortadelo e Filemón que non se decataría”, afirmou Ameijide que, tamén engadiu que os socialistas teñen “un xeito estraño” para dar as grazas xa que “o único que fixeron foi entrar en descualificacións persoais en lugar de recoñecer a súa neglixencia e falta de traballo e pedir perdón aos lucenses”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies