Seguridade

O PP acusa de “irresponsables” aos socialistas por poñer prezo á seguridade dos lucenses ao votar en contra de actualizar o Plan de Emerxencias

By 26 Abril, 2018Sin comentarios

Os populares afirman que “está fóra de lugar” que o PSOE antepoña o criterio económico á seguridade dos lucenses lembrando que “este documento de prevención, en casos de risco no municipio, ten unha antigüidade de 11 anos e utiliza unha cartografía anticuada e borra do mapa novas infraestructuras e barrios completos”

O Partido Popular lamenta “a irresponsabilidade dos de Lara Méndez que hoxe votaron, no pleno, en contra “da revisión, do obsoleto, Plan de Emerxencia Municipal que leva 11 anos sen actualizar e que utiliza unha cartografía anticuada e borra do mapa  novas infraestructuras e barrios completos”.

Para os populares esta decisión, que o PSOE intenta xustificar aludindo ao seu custe económico “non é de recibo” matizando que “co seu voto en contra queda retratada a súa despreocupación á hora de planificar as accións en casos de risco non noso municipio”. O concelleiro popular Enrique Rozas asegura que “sempre hai de onde sacar, e iso por non falar do superávit do que tanto presumen unha e outra vez”.

O popular concluiu en que “é moi grave o feito de que os de Lara Méndez antepoñan o custe económico de revisar este Plan de Emerxencia á  seguridade dos lucenses”.

Os populares lamentan que a corporación rexeitase elaborar un  plan comunicación interna para mellorar o funcionamento do Concello tal e como solicitaban cunha das súas proposicións plenarias. Os populares opinan que co voto en contra de PSOE e BNG “se deu a espalda a unha boa ferramenta para manter aos empregados permanentemente informados involucrándoos na resolución dos problemas, do día a día, do Concello”. Ameijide lamenta que “a alcaldesa insista en pechar os ollos e rexeite de plano unha nova oportunidade de mellorar a relación cos traballadores”.

O PP forza á alcaldesa a convocar unha xunta de voceiros para tratar aspectos relativos á nova lei europea de protección de datos que será aplicable a partir do 25 de maio. Antonio Ameijide matizou que “dado o carácter da información que se manexa dende o Concello a alcaldesa debería facer un especial esforzo para axustarse a esta nova normativa”. Un dos aspectos nos que insistiu, durante a súa intervención, foi “na urxencia de designar un delegado de protección de datos antes de esgotar o prazo para adaptarse ao Regulamento Europeo” lamentando “a desidia de Lara Méndez que tivo dous anos para formalizar este trámite”.

 

Falta de ideas

Os populares déronlle un tirón de orellas tanto a Lugonovo como ao BNG por presentar no pleno iniciativas que xa se debatiron hai uns meses no salón de sesións a instancias do Grupo Popular. “Aquí hai un problema ou ben de falta de ideas ou ben de  pouca memoria e orixinalidade por parte de Lugonovo e BNG”, aclarou o voceiro popular quen pediu máis traballo para ambas formacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies