EconomíaTransparencia

O PP afirma que as vacacións de Lara Méndez e as disfuncións do PSOE deixan sen cobrar aos autónomos e empresarios de Lugo

By 25 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que Lara Méndez asinou hai uns días un decreto para desbloquear o pago de varias facturas a autónomos lucenses que prestaron servizos ao Concello, facturas que se desbloquearon no pleno do mes de xuño e que a rexedora tardou un mes en abonar

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou que Lara Méndez dea máis prioridade a marchar de vacacións a desbloquear o pago de varias facturas a autónomos e empresas lucenses que prestaron servizos ao Concello de Lugo.

Antonio Ameijide explicou que no pleno do pasado mes de xuño se desbloquearon varias facturas que a alcaldesa tardou un mes en pagar. En concreto son facturas por valor de 44.466,09€ e que elevan o total de pagos con reparos de legalidade no que vai de ano a 7.639.765,29€.

Facturas con reparos de legalidade na que non está a factura referente á comida ofrecida a sindicalistas que Lara Méndez e o seu equipo de goberno querían pagar a costa das arcas municipais, unha factura que o propio pleno bloqueou para que non se pagara con cargo a todos os lucenses. Por iso, Antonio Ameijide lle pregunta á alcaldesa que vai a pasar con esa factura e se finalmente a pagará o propio o partido socialista ou será ela a que convide aos sindicalistas do seu propio bolsillo.

O voceiro popular recorda que “estamos ante unha situación enquistada e irregular” e que, de seguir a este ritmo, Lara Méndez superará o récord que fixou no 2017 ao pagar máis de 20M€ con reparos de legalidade. Ademais, a esta cantidade hai que engadir os case 2.5M€ que os socialistas xa levaron a debate no pleno no que vai de ano, o que demostra que Lara Méndez e o seu equipo “non teñen vontade algunha” por regularizar unha situación que “eles mesmos agravaron” nos últimos anos.

Ademais, o popular explica que dos 23 servizos sen contrato, 11 caducaron baixo o mandato de Lara Méndez, 6 foron herdados do anterior alcalde e outros 6 se prestan, directamente, sen contrato.

Unha nefasta xestión en materia económica dos socialistas á fronte do goberno local que tamén afecta ao período medio de pago a provedores, xa que Lara Méndez tiña a 30 de abril 9.003 facturas impagadas por valor de 11.512.125,12€, o que mantén a Lugo entre as cidades que peor pagan de España. Desas máis de 9.000 facturas impagadas, 5.827 incumprían o período medio de pago a provedores que marca a lei, situado nos 30 días. De feito, o PMP destas facturas pendentes está xa 168 días.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies