Economía

O PP afirma que o desgoberno do PSOE provoca “o descoñecemento absoluto do patrimonio municipal”

By 6 Novembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma “que o inventario de fincas, bens ou vehículos do Concello está completamente desfasado e incompleto” polo que os 719 M€ do valor do patrimonio municipal  podería ser maior ou menor do que hai cuantificado

O Grupo Popular de Lugo pon sobre a mesa un novo exemplo do despropósito e a ineficacia do goberno socialista que “é incapaz de actualizar o inventario do patrimonio do Concello”. Antonio Ameijide explicaba que a alcaldesa, cos datos que hai neste momento, non podería responder de formar real á pregunta de cantas fincas, vehículos, inmobles ou outros bens ten o Concello?”.

Os populares afirman que “malia que cada catro anos se aproba o inventario o documento está totalmente desfasado e moi incompleto”. A ficha resume con data de 2014 desvela que o Concello de Lugo ten un patrimonio de 719.570.651,58 €, un cifra que a xuizo dos populares non se axusta á realidade.

Os exemplos que revelan que é un inventario defectuoso son innumerables:

Non hai referencias de bens dos que levamos décadas ou anos disfrutando: Non figuran na listaxe  parques tan significativos como  a da Praza de Augas Férreas, os de Sanfiz o das Illas de Montirón, a zona do paseo interior do Cantiño,  Sagrado Corazón, Paulo Favio Máximo , Agro do Rolo, Praza Castiñeiro, Campo Castillo, Cheda rio Mandeo. Tampouco aparece o vivendas domóticas nin o local social de Leiras Pulpeiro. Incluso faltan por inventariar vehículos como o furgón mixto con destino Bomberos (53.719.01 € / 2016) ou o  camión de bombeiros que se comprou recentemente. (1 millón €)

Bens inventariados que xa non existen: Edificio del antiguo matadero frigorífico do parque da Milagrosa en  Frigsa (367.000 €); campo fútbol de Casás (9.715 €) ; poblado de Nazaret y campo futbol Carqueixo (1M€). Neste paquete non se privan de incluir o inacabado edificio da Biblioteca da Piringalla.

Inventariados por duplicado: Centro Antonio Gandoy ou a  Casa das Linguas.

Asemesmo as fichas dalgúns dos patrimonios inventariados carecen de datos específicos:

–  No caso dalgunhas fincas non figuran vía e o número, lindes e superficie e aproveitamento.

– Cos edificios construídos non se aporta información sobre a súa construción e o seu estado de conservación

–  Nas vía públicas de ámbito urbano descoñécese a lonxitude, límites e anchura.

–  Nos vehículos non figura a data de adquisión, nin o custe nin valor acrtual

O inventario do Patrimonio Municipal tamén  carece de referencias de:

– Valores mobiliarios

– Non hai alusiones ás obras de arte de propiedade municipal malia que dende o PP se pediu en diferentes ocasións un inventario específico no que se que se especifique o autor, título, técnica, dimensións, estado de conservación, valor o lugar e se están cedidos ou qué usos teñen na actualidade e a persoa baixo cuxa responsabilidade se custodia.

Proposta Partido Popular

Os populares queren revertir esta situación e propoñen que para salvagardar o patrimonio do Concello de Lugo se inicie o expediente para actualizar este documento e, de forma paralela, elaborar un Regulamento para facilitar a súa xestión.

“O inventario debe reflectir a realidade patrimonial do Concello, a situación xurídica en que se atopan os seus bens, as limitacións que lles afectan, o seu uso o servizo público, a súa disponibilidade para a obtención de maiores rendimento e calquera outro circunstancia xuridicamente relevante. Esta información debería  manterse actualizada xa que serve para garantir unha xestión eficaz e eficiente dos bens e tomar as decisiones que mellor se adecúen ao interese xeral” concluiu o voceiro do PP.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies