ObrasPersoal

O PP afirma que o desmantelamento do Servizo de Augas provoca que non se arranxen avarías en horario de noite nin en fin de semana

By 3 Agosto, 2017Agosto 4th, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide desvela que varias vivendas da rúa Armórica estiveron o pasado luns sen agua máis toda a noite porque o goberno non se lles abona aos operarios as gardas nin as horas extraordinarias dende novembro de 2016, polo que algúns traballadores acordaron non realizar máis gardas nin horas extraordinarias ata que lles paguen

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide alerta “dun empeoramento no servizo de augas por mor da persistente actitude dos socialistas de desmantelar este departamento”. O popular explicou como “o retraso no pagamento das gardas aos 8 operarios provocou que decidisen plantarse polo que, neste momento, nin ás noites, nin os festivos hai efectivos de garda para reparar as posibles avarías”.

Outra consecuecia da insostible situación que viven estes empregados  e que esta mesma semana os veciños da rúa Armórica quedaron sen agua durante toda a noite porque non había operarios para arranxar unha fuga nesta zona algo que Ameijide cualificou de “despropósito e irresponsabilidade”. Unha situación que esta mesma noite se vivíu na rúa Sargadelos. Neste senso, o voceiro popular explicou que “é unha vergoña que o goberno local permaneza impasible e continue retrasando o pago destas horas extra e gardas aos traballadores” salientando que “son 10 meses sen cobrar  gardas, nin horas extraordinarias habendo casos nos que a suma xa supera os 3.000 € o que supuxo que en tres días non se arranxaran dúas avarías por esta situación”

Dende o Concello en vez de asumir a súa responsabilidade e pagar os atrasos prefiren condenar aos veciños a sufrir retrasos nas reparacións ou a ter que asumir os sobrecustos de contratar a empresas externas. Esta última solución supón un encarecemento da factura final da reparación xa que “hai que pagar o servizo de urxencia, nocturnidade e ademáis as avarías tárdan máis en repararse porque as firmas privadas descoñecen o deseño da rede o que ralentiza e encarece as reparacións xa que os que realmente coñecen á perfección a rede de abastecemento son os empregados municipais, aos que o goberno municipal dá as costas”.

O Partido Popular sempre defendeu que era preciso reforzar este departamento lembrando que foi grazas a unha iniciativa da autoría do Grupo que se adquirisen os actuais equipos e cabina para manipular tuberías de fibrocemento o que permite aos traballadores municipais a realizar as reparacións sen ter que recurrir a empresas externas.

Por iso, dende o Grupo Municipal do Partido Popular esixiremos ao goberno local que pague as cantidades adebedadas das gardas e das horas extraordinarias e que “regularice xa” a situación deste servizo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies