O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma “entender agora” porque o ano pasado Lara Méndez denegou o acceso ao Grupo Popular ao informe sobre a situación na que se atopaban os contratos do Concello de Lugo e no que se confirman os 22 servizos caducados ou sen contrato o que evidencia unha “situación alarmante” que agora “non lle quedou máis remedio” que facer público ao equipo de goberno
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público que o servizo de contratación municipal constatou o fracaso da xestión de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo. O popular destaca que neste informe se enumeran os 22 contratos caducados no Concello de Lugo e se fai patente “o fracaso da xestión” da alcaldesa e o seu equipo á fronte da cidade.
Antonio Ameijide destaca que dos 22 servizos co contrato caducado ou sen contrato, 10 deles caducaron baixo o mandato de Lara Méndez, sen que a rexedora se anticipase e sacara a licitación os contratos antes de que caducaran. Ademais, 6 xa caducaran cando Lara Méndez chegou á alcaldía, e en case tres anos non fixo nada ou non foi capaz de readxudicalos, e os outros 6 servizos xa se prestaban directamente sen contrato, sen que a alcaldesa fixeran “nada por regularizar a situación”.
De todos os xeitos, o voceiro popular asegura que entende o motivo polo que os socialistas negaron o ano pasado o acceso a este documento aos membros do Grupo Popular xa que “Lara Méndez oculta a información para tapar as súas vergonzas políticas”, xa que “ela é o perfecto exemplo de como se dilapidan y se xestionan mal os cartos de todos os lucenses”. Ameijide asegura que o Concello de Lugo se atopan nunha situación de “alegalidade” e se está a gastar máis do que se debería “xa que se saca na licitación e adxudica nos contratos poderíamos acadar un aforro do 30%”.
Neste senso, o popular esixe ao equipo de goberno “que se poña a traballar inmediatamente” para sacar a licitación os contratos, xa que o xeito de actuar de Lara Méndez é “deixar caducar e non adxudicar” o que evidencia “que non ten capacidade de xestión”. Ameijide destaca que dende o Grupo Popular agardamos que sexa a incapacidade porque do contrario “sería aínda peor porque podería obedecer a algún tipo de interese que descoñecemos” o que non sería nada bo para a imaxe do Concello de Lugo. Ademais, o voceiro popular destaca que non cre “en casualidades” referíndose ao feito de que os dous contratos que os socialistas sacaron a licitación quedaron desertos, contratos que actualmente prestan co contrato caducado dúas empresas investigadas dentro da trama da operación Pokemon (xestión de museos e guindastre).
Antonio Ameijide asegura que o xefe do servizo de contratación lle reitera a Lara Méndez “a necesidade da posta en marcha dun departamento que, dependendo funcionalmente do servizo que se considere adecuado, e complementando as funcións que realizaba no seu día o Departamento de Planificación e control de Concesións, podar dar apoio aos responsables dos contratos na súa labor de supervisión e control da correcta realización da prestación pactada. Departamento que debería funciona de xeito transversal, comprobando e supervisando o cumprimento da execución do acordado en tódolos seus termos”.
O popular asegura que “queda patente unha vez máis que Lara Méndez non escoita nin respeta as recomendacións dos propios funcionarios” cando lle remiten informes nos que lle piden encarecidamente que se anticipe á caducidade dos contratos e que os saque a licitación os contratos antes de que caduquen.
Para Antonio Ameijide este documento “é un novo tirón de orellas” para Lara Méndez, aos que hai que engadir os xa dados polo Consello de Contas de Galicia, que cualificou a Lugo como un área de risco en materia de contratación, e a tesoureira municipal, que desvelou as máis de 8.463 facturas impagadas coas que Lara Méndez pechou o ano 2017.
SERVIZOS SEN CONTRATO OU CADUCADOS
INSTRUMENTOS E MATERIAL MUSICAL PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE LUGO
Rematado: 13 de xuño de 2017
MANTEMENTO, MELLORA E CONSERVACIÓN DAS ZONAS VERDES PÚBLICAS E ARBOREDO VIARIO DA CIDADE DE LUGO. 817.951,58€
Rematado: 17 de marzo de 2017
LIMPEZA VIARIA, RECOLLIDA DE RESIDUOS, E TRANSPORTE PARA O SEU TRATAMENTO. 7.200.000€
Rematado: 31 de marzo de 2017
RECOLLIDA DE ANIMAIS ABANDONADOS.
Sen contrato
REPARACIÓN, CONSERVACIÓN E MANTEMENTO INTEGRAL DA MAQUINARIA AUXILIAR DE XARDINERÍA EXISTENTE NO SERVIZO MUNICIPAL DE PARQUES E XARDÍNS DO CONCELLO DE LUGO
Sen contrato
ATENCIÓN AO PÚBLICO NOS MUSEOS MUNICIPAIS
Rematado o 23 de novembro de 2017
APERTURA E ATENCIÓN AO PÚBLICO NO CENTRO SOCIAL E CULTURAL DO VELLO CÁRCERE DO CONCELLO DE LUGO.
Sen contrato
INSTRUMENTOS E MATERIAL MUSICAL PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE LUGO
Sen contrato
MANTEMENTO SISTEMAS IMPRESIÓN, COPIA E ESCANEADO.
Rematado: 12 de novembro de 2017
ATENCIÓN TELEFÓNICA 010 NO CONCELLO DE LUGO
Rematado: 19 de decembro de 2015
PAPEL PARA FOTOCOPIADORAS E IMPRESORAS (LOTE 1) MEDIANTE ACORDO MARCO.
Rematado: 14 de xullo de 2016
VIXILANCIA FOGAR TRANSEUNTE E CEI-NODUS ESPAZO LAB.
Rematado: 8 de marzo de 2017
VIXILANCIA VELLO CÁRCERE.
Sen contrato
RETIRADA E TRASLADO DE VEHÍCULOS DA VÍA PUBLICA ASÍ COMO O SEU TRASLADO AO DEPÓSITO
Rematado: 25 de novembro de 2015
LIMPEZA NOS DIFERENTES CENTROS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS
Rematado: 22 de setembro de 2014
CICLO DA AUGA: MANTEMENTO ETAP (1.073438,80€) E EDAR (493.784,35€)
Rematado ETAP: maio de 2012.
Rematado EDAR: novembro de 2011
CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE LUGO
Rematado: Xullo de 2013
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS E DE COLABORACIÓN Á XESTIÓN RECADATORIA MUNICIPAL EN PERÍODO EXECUTIVO E PARA A XESTIÓN ADMINISTRATIVA E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO EN PERÍODO VOLUNTARIO E EN PERÍODO EXECUTIVO. 4.979.374,26€
Rematado: 30 de setembro de 2017
COLABORACIÓN NA XESTIÓN CATASTRAL
Rematado: 30 de setembro de 2017
CAFETERÍA DO VELLO CÁRCERE
Pendente de decisión sobre o tipo de xestión. Rematada en marzo de 2017
SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE PARA VEHÍCULOS E MAQUINARIA MUNICIPAL
Sen contrato