Zona rural

O PP afirma que Lara Méndez castiga aos veciños do rural de Lugo con retrasos de ata 2 anos na concesión de licenzas

By 16 Xaneiro, 2018No Comments

O concelleiro popular Manuel López explicou que “o 65% das 70  solicitudes de obras, que se resolveron  en 2017, para facer nas 54 parroquias do Concello de Lugo levaban máis dun ano gardadas nun caixón”

O concelleiro do PP Manuel López acusa á alcaldesa de poñer continuas trabas aos veciños do rural para mellorar as súas explotacións e vivendas. O edil popular explicou que o 65% das peticións de licenzas deste ámbito que se resolveron en 2017 levaban máis de dun ano para informar “esquencidas nun caixón”.

A situación de parálise é se cabe ainda moito máis grave tendo en conta que o o 85% das peticións  resoltas durante o pasado exercicio corresponden a expedientes de anos anteriores incluso figuran solicitudes que presentaron veciños nos anos 2011 e 2012”, matizou o popular.

Manuel López explicou que “dependendo do tipo de trámite a media de demora de resolución dos expedientes varía”  detallando que “facer obra nova, reformas e legalizacións no rural supón unha espera media de 651 días; para conseguir licenzas de construccións agrarias o retraso é de 606 días, mentres que, os veciños que piden licenzas para segregacións ou agregacións parcelarias a demora suma 517 días”.

Para solucionar o atasco na xestión de licenzas de obra no rural o popular solicita á alcaldesa que implante mecanismos de calidade para evitar que continue agravándose a dilación na concesión de permisos “que con Lara Méndez sufriron un severo retraso nos últimos tres anos”.

O popular recriminou que este retraso na obtención de licenzas provoca un escenario de inseguridade xurídica e frena novos proxectos. “Están botando a perder investimentos co efecto que isto ten no emprego” concluíu López.

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López tamén acusou á alcaldesa socialista “de practicar co rural de Lugo unha política de pantalla e de cara a galería”. Manuel López afirma que “mentres que os de Lara Méndez montan unha Oficina para o Rural, que só sirve para facer propaganda política, o verdadeiramente importante para as parroquias de Lugo segue sen solucionar”. O popular referíase ao 5% pendente de resolver do PXOM “xa que a metade dos núcleos das nosas parroquias están bloqueados polo que non se pode solicitar licenzas”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies