Sen categoría

O PP afirma que Lara Méndez escenificará mañá o fracaso da xestión socialista

By 2 Novembro, 2017Novembro 3rd, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide pedirá a Lara Méndez que asuma as competencias do seu cargo e actúe con vontade política “e diga abertamente que acordos plenarios vai a desenvolver e cales non” e que por unha vez desmostre “certa valentía política”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou hoxe que Lara Méndez escenificará na comisión de seguimento de acordos plenarios de mañá “o fracaso da xestión socialista”. Ameijide realizou esta afirmación ao comprobar que nos dous anos e medio de goberno de Lara Méndez “o 90% dos acordos plenarios están sen cumplir” o que demostra “unha falta total de vontade política” para avanzar na creación dun modelo de cidade.

O voceiro popular asegura que “o fracaso socialista é evidente” e día a día confírmase “a ineptitude do equipo de goberno”. Segundo Ameijide na xuntanza de mañá Lara Méndez “acreditará que non fixo nada” á fronte do Concello de Lugo.

A última convocatoria da comisión de seguimento de acordos plenarios data do 28 de xullo deste ano e dende entón “non se avanzou nada”. Neste senso, Ameijide explicou que no que atinxe aos acordos plenarios xurdidos a raíz de propostas realizadas polo Grupo Municipal do Partido Popular “tan só se deu cumprimento a 8 das 66 proposicións aprobadas” o que demostra “o seu pasotismo e desidía á hora de dar cumprimento a calquer acordo plenario”.

Neste senso, o voceiro popular esixirá mañá a Lara Mendez que “dea respostas políticas na comisión en toques de limitarse a ler un informe dos técnicos que xa temos todos os grupos”. Incluso, Ameijide vai un paso máis alá e pedirá á alcaldesa que “diga abertamente que acordos plenarios vai a desenvolver e cales non” e así demostre por unha vez “certa valentía política”.

Segundo o popular a falta de liderazgo político dos socialistas chega a tal extremo que “os acordos plenarios morren no camiño dun departamento a outro”. Ameijide explica que hai informes que “van dun departamento a outro e non se aclara cal ten competencias para desenvolvelo, pero, o peor, é que os socialistas non asumen as competencias dos seus cargos e as delegan nos funcionarios”.

Ameijide remítese ás probas para explicar esta situación xa que “de 66 propostas aprobadas en pleno tan só se realizaron cinco informes neste ano, unha mostra máis da falta de capacidade de xestión dos socialistas á fronte do Concello de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies