AccesibilidadInfraestruturasUrbanismo

O PP afirma que Lara Méndez olvida aos veciños do Castiñeiro e os condena a ser veciños de segunda

By 9 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide recorda que hai un ano que o Grupo Popular solicitou que o Concello de Lugo realizara unha “actuación integral” no barrio do Castiñeiro onde os socialistas aínda non adoptaron as medidas oportunas para loitar contra os problemas de mobilidade, falta de aseo urbano, deterioro do mobiliario e, incluso, de seguridade, “senón que a situación empeorou”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que Lara Méndez condena aos veciños do barrio do Castiñeiro “a ser cidadáns de segunda categoría” ao non cumprir ningunha das melloras prometidas para o barrio. Promesas incumpridas que comprobaron in situ o voceiro popular, Antonio Ameijide, e os concelleiros Enrique Rozas, Manuel López e Ángel Trabada.

Antonio Ameijide explicou que “é inexplicable” como hai “necesidades básicas” que os socialistas non cumpren mentres prefiren destinar case un millón de euros para a instalación de dúas columnas dóricas para facer unha pasarela peonil sobre a N-VI a poucos metros dun paso peonil soterrado.

O voceiro popular afirmou que os veciños do Castiñeiro seguen a sufrir problemas de mobilidade, falta de aseo urbano, deterioro do mobiliario urbano e, incluso, de seguridade, motivos polos que o Grupo Popular solicitou hai un ano “a poste en marcha dun plan integral para o Castiñeiro” pero que os socialistas seguen a ignorar.

Antonio Ameijide dixo que hai preocupación neste barrio pola situación da finca onde estaba o antigo matadoiro de Abella xa que “está cheo de lixo, maleza e mesmo hai un burato con varios metros de caída que supón un risco importante e que seguen sen taparse para evitar caídas”. O voceiro popular solicita ao goberno local que adopte “as medidas oportunas” para que pechar o solar e así evitar os vertedoiros e campamentos ilegais que se concentran neste punto.

O popular recorda que é preciso realizar “unha campaña importante de desratización” xa que hai localizadas madrigueras de ratas próximas a vivendas o que leva parello problemas de hixiene e salubridade.

Ademais é preciso corrixir importantes barreiras arquitectónicas, actuacións que “non supoñen un gran esforzo económico”, e outras intervencións de mellora da imaxe do barrio como a recolocación dos bolardos que hai no cruce das rúas Lamas de Prado e Aquilino Iglesias Alvariño, onde “dos 19 bolardos colocados, 18 están rotos” polo que os veciños precisan dun goberno local sensible e comprometido con mellorar o día a día dos veciños”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies