O GarañónUrbanismo

O PP afirma que Lugo “seguirá co Garañón en pé ata que Lara Méndez deixe de ser alcaldesa”

By 23 Marzo, 2018Marzo 27th, 2018No Comments

O voceiro popular Antonio Ameijide afirmou que a alcaldesa “non quere derrubar as torres do parque” e coa súa actitude escapista “está antepoñendo os intereses dos seus mentores socialistas, Orozco e Besteiro, e dos promotores por diante dos dos lucenses” e insta a Méndez a aclarar dunha vez por todas “se vai facer algo para tirar os edificios”

O voceiro do Grupo Popular considera “unha tomadura de pelo e unha desilusión para os lucenses” que, logo de tres anos como alcaldesa, Lara Méndez “rexeite capitanear o futuro do Garañón”. Ameijide aseguraba que “a resposta do goberno local de pasar responsabilidades á Xunta” confirma que “Lugo seguirá coas torres das Costas do parque en pé ata que Lara Méndez deixe de ser alcaldesa porque é evidente que a rexedora non quere derrubar os edificios”.

O voceiro popular interpreta que con esta saída se intenta “xogar ao despiste e abrir un escenario de confusión” para seguir dilatando a demolición das torres das costas do parque cos conseguintes custes que esta demora poda acarrear aos petos dos lucenses.

Ameijide lamentou “esta nova artimaña da alcaldesa para evitar pronunciarse sobre o derrube das torres”. “Lara Méndez non quere tirar o Garañón porque sería coma ir en contra os seus mentores políticos” lembrando que os edificios se construíron froito dun convenio “asinado por Orozco e cociñado por Besteiro”. “Méndez, unha vez máis, antepón os intereses partidistas e dos promotores por riba dos dos veciños de Lugo”, lamentou o voceiro dos populares.

Antonio Ameijide insiste en que “é o Concello o que ten que decidir o que quere facer co Garañón” asegurando que “as últimas novidades deste caso urbanístico o converten no maior expoñente da incapacidade e inutilidade do goberno socialista de Lugo; como non é capaz de facer o traballo que depende dela pídell a outros que llo fagan”. Na Comisión do luns os populares pedirán que a alcaldesa aclare, dunha vez por todas, se vai facer algo para tirar as torres do Garañón.

O voceiro popular invita “aos lucenses que teñan que facer unha reforma dun piso, facer unha vivenda ou reformar un local … a que se acheguen ata o despacho de alcaldía e lle pidan a Lara  que ela lles faga o proxecto porque, eso mesmo é o que lle veñen de pedir á Xunta co Garañón”. “É un descaro a forma que ten de escurrir o bulto e evadir as súas competencias”, resumiu. “Cada día que pasa incrementa o custe do lucro cesante, e indemnizacións… condenando aos lucenses a unha indemnización millonaria”.

O Partido Popular denunciou “en agosto do ano 2005 a pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas Costas do Parque”. O problema non era o Plan Xeral do 91 senón de como se  xestionou o convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro xa que “se permitiu que o volume se distribuise do xeito máis lesivo para os veciños edificando torres de 9 plantas que se poderían ter deseñado de forma escalonada”. “Estaban máis que advertidos do impacto e do frontón que ían construir neste punto” matizou Ameijide.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies