InfraestruturasUrbanismo

O PP afirma que Méndez dilata e torpedea a tramitación das obras do Centro Integral da Residencia

By 11 Marzo, 2018Marzo 12th, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide denuncia “o retraso de 10 meses do PSOE na firma do Convenio para impulsar esta dotación” lembrando que “en a Xunta lle enviou dous documentos, o útlimo o 8 de setembro coas modificacións solicitadas pola propia alcaldesa para que  lle dese o seu  visto bo”

O voceiro do Grupo Popular expresou o malestar do seu Grupo pola “parsimonia coa que o goberno socialista afronta a construción do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia”. Antonio Ameijide recrimina á alcaldesa “a súa escasa altura de miras ao ter paralizada, dende hai 10 meses, a firma do Convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade, no que se establecen as bases para a execución das obras desta dotación.

O voceiro popular lembraba como, o pasado 8 de septembro de 2017, a Xunta enviou un segundo borrador  de convenio no que se incorporaban as achegas que realizara o Concello ao primeiro borrador con data do mes de xuño. De momento, a alcaldesa non respondeu a esta nova redacción do documento.

“Semella que Lara Méndez ou ben non se enterou de que estamos diante dunha oportunidade única para revitalizar este barrio lucense, ou ben que, de forma intencionada, está bloqueando este proxecto, simplemente, porque vén da man do goberno da Xunta do Partido Popular” reflexionou. “Calquera das dúas opcións son inaceptables” sentenciou Ameijide.

Malia esta conducta destructiva da alcaldesa a administración autonómica segue dando pasos para avanzar na execución deste  proxecto e, o pasado 21 de febrero, presenta unha comunicación de obra menor para realizar os traballos necesarios para facer os estudos e chequear o estado da estructura do edificio do vello Materno”. Ameijide explicaba que se trata dunhas obras para a retirada dos falsos teitos e outro tipo de actuacións coa idea facilitar  datos necesarios para o proxecto que se está a redactar”.

O popular pediu a Lara Méndez “unha maior axilidade na tramitación deste expediente e unha cooperación real e non de boquilla para acelerar prazos”. Nese senso lembrou que, o 22 de decembro, a Xunta presenta o estudo de detalle e urbanización da parcela da antiga residencia para usos de equipamento comunitario. “Se é certo que os socialistas apostan polo barrio da residencia deberían demostralo con feitos, por iso, lle pedimos que non esgote os seis meses de prazo legal que teñen para respostar e que acurten os tempos para a construción deste Centro Integral de Saúde que será un centro de referencia a nivel autonómico xa que é o primeiro de Galicia deste tipo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies