ConsumoEconomíaTráfico

O PP afirma que o nulo compromiso ambiental dos socialistas incrementa o gasto anual en combustible do parque móbil

By 9 Outubro, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Popular Enrique Rozas contrapón o incremento do gasto en combustible no parque móbil municipal fronte ao esforzo de particulares que “xa toman a diantera á administración local con 125 matriculacións de vehículos pouco contaminantes no que levamos de ano”

O vicevoceiro do Grupo Popular Enrique Rozas desvelou que “mentres que cada mes se resolven unha media 14 matriculacións de vehículos de motor híbrido, eléctrico ou pouco contaminantes o Concello de Lugo incrementa a factura que paga de combustible do seu parque móvil” matizando que  “pasamos de pagar 85.000 € en 2015 aos 94.000€ de  2016” matizou.

“Resulta chamativo que os cidadáns sexan os que tomen a dianteira nun tema tan sensible e tan importante como este” indicou o vicevoceiro popular. “Esta situación delata a falta de proxecto de cidade dunha alcaldesa que só se move a golpe de titulares implantando medidas parche como as zonas 30 en vez de deseñar un modelo máis sostible en diferentes ámbitos”. Rozas afirmou que semella que non cambian de actitude lembrando o único coche eléctrico que tivo o concello no ano 2013 e que se utilizou “teóricamente” para levar a turistas a puntos pouco visitados.

Co obxecto de contribuir á concienciación ambiental e reducir a factura de combustible, dende o PP, propoñen a renovación paulatina da flota de vehículos municipais e suxiren que se compren híbridos e eléctricos ou pouco contaminantes. Na actualidade, o Concello conta con aproximadamente 110 vehículos entre coches, maquinaria pesada, maquinaria de obra, motocicletas … etc apuntando que “hai servizos que poderían utilizar estes modelos pouco contaminantes como son o de Conserxería, o de Servizos técnicos urbanos, ou os encargados así como algunha unidade de policía”.

“A administración local debería ter un papel exemplarizante á hora de en concienciar á sociedade e traballar para cambiar o modelo actual de mobilidade por outro máis sostible”. “É preciso unha planificación global para introducir progresivamente coches menos contaminantes así como para distribuir o seu uso” resumiu Rozas.

Enrique Rozas considera lamentable o baixo grao de implicación e o nulo esforzo dos socialistas por revertir esta situación enumerando outras liñas estratéxicas que están bloqueadas polo inmobilismo do concello como son “o retraso na implantación do novo modelo de transporte público; plan de eficiencia enerxética nos edificios públicos; fracaso do sistema de préstamo de bicicletas …”.

O popular lembrou que “os socialistas intentaron frenar iniciativas do PP encamiñadas a conseguir un aforro enerxético como a que se votou en abril deste ano” na que se reclamaba un Plan de aforro enerxético municipal que contemplaba unha mellora do rendemento da iluminación pública; da rede semafórica así como unha mellora da cualificación enerxética dos diferentes edificios municipais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies