O voceiro do PP une a falta de peso político da alcaldesa no PSOE á rebaixa nun 76% da achega económica da deputación afirmando que “mentres a administración provincial amiga reduce en 1.8M€ as transferencias, a Xunta de Galicia incrementa a aportación económica nun millón de euros”
O Partido Popular afirma que “a pérdida de peso de Lara Méndez dentro da estructura do partido” afecta aos orzamentos municipais desvelando que a previsión no capítulo de transferencias (correntes e de capital) doutras administracións a Deputación baixa a partida con respecto ao ano 2016, no que figuraba un total de 2.335.363,41€, reducíndose a ridícula cantidade de 562.873,65€. Nese exercicio Antonio Ameijide indicou que, pola contra, a previsión de ingresos da Xunta en Lugo medra en case 1M€ (923.894,32€) xa que pasa dos 4.862.863,06 € do exercicio contable de 2017 aos 5.786.757,38€ que figuran no actual borrador de orzamentos.
O PP teme que este recorte da Deputación Provincial o teñan que suplir os lucenses pagando máis impostos e taxas e, nese senso, pedirá explicacións de porque está previsto que aumenten en 2.5M€ os ingresos dos recibos de lixo e auga.
Antonio Ameijide avanzou puntualizou que, segundo a documentación facilitada, se prevé un aumento tan brutal na contía dos recibos de auga e recollida de lixo que pagamos todos os lucenses. Segundo os datos facilitados a previsión de ingresos pola taxa de auga pasa dos 6.001.500 aos 7.609.531€, mentres que, na taxa de recollida de lixo figura un incremento de 847.682€ (pásase dos 7.130.000€ a 7.977.682€).
O voceiro popular criticou que a alcaldesa renuncie de forma “expresa” a implantar calquera sistema de rotación ou alternativo á ORA xa que “tendo en conta que a previsión de ingresos é cero” interpretamos que a súa idea é condenar a Lugo a seguir sufrindo as consecuencias de carecer dun modelo de mobilidade axustado ás necesidades dos veciños “seguiremos perjudicando ao comercio e seguiremos sufrindo os problemas de aparcamento”.”Unha vez máis, Lara Méndez falta a la palabra dada xa que “prometeu, cando suspendió de forma unilateral a zona ORA implantar un sistema alternativo nun prazo de 8 meses, e xa pasaron dous anos e cinco meses”.
Ameijide tamén destacou que no borrador de orzamentos para 2018 tampouco figura nin un só euro para a demolición das torres do Garañón polo que a alcaldesa perpetúa o modelo á carta do urbanismo do seu antecesor.
Outra característica deste orzamento é que “son pouco cribles”. Para iso os populares estudaron as principais partidas de ingresos previstas pola alcaldesa, contrapoñendoas coas liquidacións do último exercicio pechado. Esta contraposición amosa desfases “moi importantes” (superior aos 13.5M€), o que “desmonta” por completo as contas de Lara Méndez, polo que se demostra que “unha vez máis a alcaldesa está a mentir aos lucenses coas contas e cos investimentos prometidos froito dun soño dunha noite de inverno”.
Os populares tamén apuntan que hai outras partidas chamativas que tamén se inflan como son os ingresos nas licenzas urbanísticas que pasan de 500.000€ a 660.517€ e “non será pola rapidez coa que se dan as licenzas en Lugo” ironizaba o popular. Ou tamén o repunte nun 18% do ICIO que pasa do 1.063.783€ ao 1.295.800€.
Canto ás plusvalías hai unha previsión de aumentar en 145.525€ os ingresos que pasarían do 2.1M€ ao 2.3M€. Para os populares é contradictoria esta previsión xa que “ainda se descoñece como vai a afectar a economía do Concello a posible devolución de cobros indebidos deste imposto”.
Por último os populares trasladaron a súa queixa pola pérdida de transparencia na documentación entregada “que cada vez vén menos desglosada e dificulta a súa análise”. Ameijide tamén lamentou a forma de transmitir esta documentación, primeiro aos medios, e ás tres da tarde aos grupos da oposición “está claro que non hai vontade de negociar nada e que malia que están en minoría seguen mantendo unha actitude de creídos que non beneficia aos lucenses”.
O popular advertiu que o propio informe do interventor advirte que non tiveron tempo dabondo para supervisar polo miudo a documentación. Dende o PP resaltan que no expediente hai incongruencias como que a memoria que presentan non coincide co plan de investimentos “é outro despropósito máis deste goberno á deriva”. “A memoria que asina a alcaldesa non se corresponde co orzamento que presenta, é un engano en toda regra” matizou o voceiro popular. (non figuran partidas para regular acceso o recinto amurallado, tampouco partidas suficientes para completar o ascensor do Sagrado Corazón e tan só figuran 31.269€; canto a biblioteca da Piringalla se afirma que hai 1M€ mentres que no Plan de investimentos só aparece a quinta parte do que di a alcaldesa 208.000€; en canto a aposta polo emprego non cadran os números; con respecto á tinería non hai nin partida económica para a compra nin tampouco para o acondicionamento, nin para a posta en servizos para o CEI-Nodus).
PREVISIÓN INGRESOS 2018 | LIQUIDACIÓN 2016 | DESFASE | |
IMPOSTOS DE TRACCIÓN MECÁNICA | 5.907.981,00€ | 4.800.132,44€ | 1.107.848,56€ |
IAE | 4.100.000,00€ | 3.273.015,57€ | 826.984,43€ |
ICIO | 1.295.800,00€ | 665.570,00€ | 630.230,00€ |
CICLO DA AGUA | 7.609.531,00€ | 3.119.632,00€ | 4.489.899,00€ |
RECOLLIDA DE LIXO | 7.977.682,00€ | 3.332.493,88€ | 4.645.188,12€ |
LICENZAS URBANÍSTICAS | 660.517,00€ | 445.391,90€ | 215.125,10€ |
RETIRADA DE VEHÍCULOS | 69.012,48€ | 14.557,00€ | 54.455,48€ |
COMPENSACIÓN DE TELEFÓNICA | 267.336,00€ | 186.946,00€ | 80.390,00€ |
MULTAS | 2.420.000,00€ | 901.159,71€ | 1.518.840,29€ |
TOTAL | 30.307.859,48€ | 16.738.898,50€ | 13.568.960,98€ |