Zona rural

O PP afirma que o pésimo estado dos sinais no rural obriga aos veciños “a sinalizar por conta propia” os lugares

By 13 Agosto, 2018Sin comentarios

O concelleiro Manuel López acusou aos socialistas de “non facer nada por mellorar a sinalización das 54 parroquias do municipio nos tres anos que Lara Méndez leva como alcaldesa”. O popular fixo estas declaracións logo de supervisar os  indicadores de distintas localizaciones “estivemos nos mesmos puntos que hai tres anos e comprobamos que os indicadores ou está igual ou incluso peor o que denota unha parálise absoluta e un desinterese extremo do goberno local polos nosos veciños do rural”.

O edil do PP afirmou que “hai moitos destes sinais que só necesitan unha limpeza, ou que se volvan a anclar porque ou ben caeron ou ben están tortos e son ilexibles; mentres, noutros casos están tapados pola maleza”. O popular explicou que “máis que investimentos astronómicos o que se necesita é ter un mínimo de interese primeiro, para detectar os que están danados e segundo, para enviar as brigadas para poñelos dereitos e limpalos”.

O concelleiro popular Manuel López critica “o pasotismo dos socialistas que, nestes tres anos, non fixeron nin unha soa supervisión desta sinalización “non hai un  mínimo inventario dos indicadores que hai, especificando o seu estado de conservación de cara a  repoñer, nun prazo prudente, os que estén en mal estado e colocar os que sexan necesarios onde non existen”.

O concelleiro popular, Manuel López, clasificou as deficiencias na sinalización do rural en catro apartados:

  1. Sinalización en mal estado. Atopamos numerosas placas borradas de forma parcial ou completa e outras moitas rotas ou oxidadas o que dificulta a lectura das localizacións. (Carballido, Adai, Vilar, Recimil, Bóveda e Carballido)
  2. Maleza que oculta os sinais. A falta de desbroces tamén afecta á sinalización atopándonos con casos nos que as herbas cobren por completo os sinais. (stop e sinal animais soltos ocultas maleza)
  3. Ausencia de sinais direccionais en interseccións. Son múltiples os casos de cruces sen sinalizar como por exemplo o de Recimil e Bóveda.
  4. Núcleos sen sinalizar.- Moitos lugares carecen de sinal de localización ou a que hai é ilexible.

O concelleiro popular alerta que “un dos problemas da falta de sinalización son as dificultades coas que se atopan taxis, ambulancias, correo ou repartidores para chegar a algúns núcleos”. Manuel López explica que este é un asunto que preocupa no rural porque “agora que hai novas urbanizacións xa non se coñece, como antes, a todo o mundo e cada vez é mais complicado localizar as casas”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies