O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que “máis dun milleiro de veciños asinaron unha petición reclamando que se manteña un percorrido que os comunique co centro xa que coa supresión da Liña 8 terán en Fontiñas a parada máis cercana ao casco histórico e sen posibilidade de transbordo”
O Grupo Municipal do Partido Popular asegura que a futura remodelación dos autobuses urbanos “vai ser un novo fiasco da política do goberno socialista”. O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que “cada semana recollemos, en reunións de barrio, novas protestas de veciños de distintos puntos da cidade que expresan o seu malestar porque a reforma que presentou o PSOE é un despropósito” e o argumentan en que “en vez de mellorar o servizo, aos poucos, se lles está complicando o acceso e a mobilidade”.
O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que un dos barrios afectados é o de Castelo onde veñen de presentar máis de mil sinaturas de veciños co obxecto de presionar ao equipo de goberno para que “dea unha repensada á decisión de anular a Liña 8 que é a que, na actualidade, fai o traxecto dende Garabolos e deica ao Carqueixo atravesando o barrio afectado”. Ameijide explicou que se ben os veciños de Castelo terán autobús e se mellorarán as frecuencias, a parada máis próxima ao centro que terán será a de Fontiñas “os veciños de Castelo, da vía ou de San Eufrasio que teñan que ir á praza ou que precisen ir ao centro para facer calquera xestión ou trámite burocrático só poderán desprazarse a pé”. Os veciños queren que se lles manteña a posibilidade de chegar ao centro en transporte urbano e se senten marxinados polo trato que lles da o goberno socialista asegurando que “está ben que reforcen as liñas cara ao hospital pero non é xusto que desvistan un santo para vestir outro”.
Ameijide explicou que os socialistas pretenden substituir o actual percorrido que atravesa a Avenida da Coruña e que pasa polo centro e comunica o barrio de Castelo por outro traxecto que vai dende a Avenida das Américas e que se desvía do casco histórico xa que atravesa Lugo pola Ronda de Fingoi e Fontiñas sen conectar o barrio co centro nin con outros puntos da cidade xa que non se ofrecen posibilidades de transbordo con outras liñas.
Na reunión que mantivo o voceiro popular xunto co concelleiro do rural, Manuel López, con veciños afectados comprometéronse a rexistrar un rogo reclamando que se busque unha solución e se fagan os axustes que sexan necesarios para evitar perxudicar ao barrio de Castelo. O voceiro popular indicou que esta protesta, avalada con máis dun millar de sinaturas, evidencia que “a alcaldesa actúa de espaldas aos cidadáns e que a campaña de consultas que realizou polos barrios tan só foi de cara á galería. Estaban preocupados por sair nas fotografías e pouco lles importaba resolver o día a día dos veciños” asegurou Ameijide.
Dende o Grupo Popular criticaron que a alcaldesa se negue a convocar a Mesa de Traballo en materia de Transportes que se acordou, a petición do PP, en 2016 para debatir as propostas encamiñadas a reestructuración do transporte urbano de Lugo. Ameijide puntualizou que o pasado 29 de xuño o seu Grupo solicitou a Lara Méndez que “de forma urxente reunise este órgano antes de implantar o novo modelo para subsanar deficiencias e propor a incorporación de propostas como son a gratuidade de autobuses para menores de 18 anos, pensionistas e xubilados, a creación de bonos e o deseño do plano-guía …