Transparencia

O PP afirma que a xestión de Lara Méndez e Daniel Piñeiro provoca que se sitúen no podio do ranking de queixas dos lucenses

By 18 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que entre a alcaldesa e o concelleiro de persoal e desenvolvemento sostible acumulan 50 das 89 queixas remitidas por lucenses e que se atopan pendentes de resposta, un dato que, ademais de referendar a parálise instalada polos socialistas no Concello de Lugo, evidencia os problemas xerados por ambos nas áreas que xestionan

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que Lara Méndez segue a “perpetuar” o bloqueo e a parálise como “sinais de identidade” do seu mandato á fronte do Concello de Lugo.

Antonio Ameijide asegura que a día de hoxe hai 89 queixas de lucenses agardando por resposta o que demostra que “a lentitude” coa que resolven os socialistas as queixas dos cidadáns “é un indicativo do nulo interese que ten Lara Méndez por escoitar aos lucenses”.

Das 89 queixas pendentes de resposta, 20 van dirixidas a Lara Méndez e 30 a áreas xestionadas polo concelleiro Daniel Piñeiro. O voceiro popular destaca que entre só dous concelleiros acumulan o 57% das queixas dos lucenses e que o retraso en respostar aos informes remitidos polos cidadáns pola súa xestión seguramente sexan un indicativo de que “tanto Lara Méndez como Daniel Piñeiro están máis preocupados por resolver o seu futuro xudicial que de solucionar os problemas que se lles presentan nas súas áreas de goberno”.

Antonio Ameijide recorda que son Lara Méndez e Daniel Piñeiro os membros do goberno local con causas pendentes de resolver coa xustiza, sendo Piñeiro o concelleiro que máis problemas xerou no Concello de Lugo xa que “todo o que toca o volve caótico”: xerou o maior conflito en materia de persoal, posibles indemnizacións millonarias pola Fábrica da Luz, bloqueou as licenzas e fracasou coa praia fluvial, motivo polo que o voceiro popular afirmou que “nos atopamos na obriga” de pedir a súa reprobación no pleno, xa que a outra persoa que xera máis queixas (a alcaldesa) xa está reprobada.

Entre as queixas pendentes de resposta sobresae a dun lucense que leva máis dun ano agardando a que se faga efectivo o cambio de titular nun vado, un problema denunciado hai poucos meses dende o Grupo Popular, cando se desvelou que un cento de lucenses agardaban a que se resolveran os expedientes de vados.

Ademais, o voceiro popular lamenta que “segue sen resolverse” un problema enquistado dende hai anos no Concello de Lugo e que, mensualmente, xera numerosas queixas entre os lucenses, como son as demoras nas devolucións dos cobros indebidos no recibo da auga. Por mor “do desmantelamento progresivo do Servizo de Augas” acumúlanse retrasos na devolución de cobros indebidos dos recibos de auga e queixas por lecturas supostamente erróneas dos contadores. Un problema que acumula xa 13 queixas sen resolver e que “poden ser máis” na seguinte comisión de queixas e suxestións.

 

Ranking de concelleiros con máis queixas

Antonio Ameijide desvelou os servizos que máis queixas teñen sen resolver que, por mor da “falta de dilixencia” da alcaldesa e do concelleiro de persoal e desenvolvemento sostible e o resto de concelleiros, que “están empeñados” en bloquear o correcto funcionamento dos servizos municipais.

O voceiro municipal explica que Piñeiro ten a “dubidosa honra” de liderar o ranking con 30 informes sen resolver, seguido de Lara Méndez, con 20, e de Manuel Núñez, que ten 14.

O ranking complétano Rosana Rielo con 6 queixas sen respostar; Miguel Fernández, con 3; Carmen Basadre, con 2; e Ana González Abelleira, con 1 informe sen resolver.

 

Concelleiro/a Expedientes sen resolver
Daniel Piñeiro 30
Manuel Núñez 27
Lara Méndez 20
Rosana Rielo 6
Miguel Fernández 3
Carmen Basadre 2
Ana González Abelleira 1

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies