Infraestruturas

O PP agradece o compromiso da Xunta cos veciños da Residencia e pide á alcaldesa que se “aplique” na revitalización do barrio

By 13 Xaneiro, 2018Xaneiro 16th, 2018No Comments

O voceiro popular Antonio Ameijide contrapón “a postura vitimista de Lara Méndez coa política feitos do goberno galego” amosando a súa satisfación “porque se están cumprindo os prazos anunciados para que o barrio da Residencia conte co primeiro Centro Integral de Saúde que se porá en marcha en Galicia”

O Grupo Municipal do Partido Popular agradece o compromiso e o investimento millonario da Xunta de Galicia no barrio da Residencia. O voceiro Popular Antonio Ameijide afirma que é una moi boa nova para Lugo que o proxecto  do Centro Integral de Saúde esté xa publicado no DOGA e demostra, unha vez máis, que “o goberno do PP na Xunta cumpre coa palabra dada e que a Xunta non fai promesas sen valor como ocorre no caso da señora Lara Méndez”.

Ameijide explicou que, arestora, a alcaldesa ten a oportunidade de demostrar se está á altura do cargo que ocupa “das promesas que fixeron de desenvolver un plan municipal para revitalizar o barrio só conseguiron colocar un coxín europeo que, por certo, inauguraron a bombo e platillo”.

O popular esixe á rexedora que “sexa responsable” e que “axilice as xestións e licenzas necesarias para acelerar ao máximo os trámites necesarios, durante os próximos meses, e iniciar as obras deste complexo o máis axiña posible”.

O voceiro popular concluíu que “mentres a Xunta  cumpre co barrio da Residencia a alcaldesa permanece anclada nunha postura de inmobilismo e esquécese dos veciños da Residencia”. Ameijide detallou que “o goberno autonómico, dende o minuto un,  tivo moi en conta, no desenvolvemento deste proxecto, todas as peticións da Mesa de Traballo da Residencia, na que participan os grupos políticos da corporación e entidades veciñais e sociais mentres que por parte do goberno local non se deu resposta as peticións presentandas que son da súa competencia: dotacións culturais deportivos, mais zonas verdes, previsión dun plan de mobilidade e transporte público, ou simplente mellorar o mantemento xeral e conservación do barrio”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies