EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP alerta que o engano urdido pola alcaldesa fai que os locais da Tinería non sexan competitivos

By 4 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que por “responsabilidade política” temos a obriga de facer público o engano co que Lara Méndez quere poñer en marcha os locais da Tinería, xa que se pon en risco a viabilidade dos negocios que moitos emprendedores queren poñer en marcha, e nos que teñen depositadas moitas ilusións e esforzo, xa que a alcaldesa “lles fala aos emprendedores dunhas condicións mentres que en xunta de goberno aprobou outras diferentes”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, puxo de manifesto o engano urdido por Lara Méndez e o seu equipo de goberno no que atinxe aos locais da Tinería dispostos para emprendedores. O voceiro popular esixiu aos socialistas que deixen de “enganar” á cidadanía xa que é “unha práctica perniciosa” xogar coas ilusións da xente.

Antonio Ameijide explicou que a alcaldesa “está a mentir” aos emprendedores interesados nos locais da Tinería, xa que esas “mentiras” o que fan é que os emprendedores ideen proxectos de futuro baseados nas “falsas premisas” expostas por Lara Méndez.

O voceiro popular afirma que as bases aprobadas en xunta de goberno, o 25 de maio deste ano, non se corresponden coa información que os socialistas achegan aos interesados nos locais da Tinería e que tamén se pode ver na web municipal. Nas xornadas de portas abertas aos emprendedores se lles informou de que a cesión dos locais sería en réxime de aluguer por catro anos, con opción a prórroga, “unha auténtica mentira” porque nas bases aprobadas na xunta de goberno se especifica que os contratos de aluguer “terán unha duración máxima de catro anos”.

Incluso, o popular lle esixirá á alcaldesa que se comprometa “por escrito” a garantir a prórroga aos interesados e por canto tempo será efectiva, en caso de que acusen ao Grupo Popular de mentir, “a pesar de que os documentos asinados e aprobados por ela mesma demostran que a única que minte é ela”.

Pero o engano socialista non queda aquí, xa que a rexedora non pode ofrecer un período de prórroga aos beneficiarios destes locais, xa que o contrato que o Concello de Lugo asinou coa Xunta de Galicia é por cinco anos con posibilidade de prórroga, unha prórroga supeditada a “una cordo por ambas partes”, xa que do contrario, aos cinco anos os locais serán xestionados de nov opolo goberno autonómico.

Incluso, en caso de chegar a un acordo entre Concello e Xunta para prorrogar a cesión dos locais, Lara Méndez non poderá ofrecer unha prórroga aos beneficiarios dos locais, xa que, ao tratarse dun ben público, ten que sacalo de novo a concurso público para a súa adxudicación, polo que “está a enganar” aos emprendedores.

Antonio Ameijide asegura que para o Grupo Popular investir na Tinería é unha boa opción, polo que animamos aos emprendedores a que o fagan, pero o que facemos agora “é explicar ben a letra pequena de Lara Méndez porque, do contrario, moita xente pode hipotecar o seu futuro”.

 

Custe mensual para os emprendedores

Ameijide confirmou que obre en poder do Concello un informe solicitado a unha inmobiliaria de Lugo para coñecer “a valoración comercial aos efectos de arrendamento” dos locais da Tinería. Neste informe se valoran as características propias dos locais, situación e características externas para facer unha valoración do custe mensual o máis axeitada posible á realidade actual do mercado inmobiliario.

Neste informe se clasifican os locais en tres grupos, en función do interese que poden xerar, polo que os prezos varían. Segundo este informe o custe mensual tería que ser de entre 120€ e 205€, pero a realidade amosa que os emprendedores que arrenden estes locais asumirán un custe mensual moi superior, chegando nalgún casoa  superar o 900%, tendo en conta os custes de acondicionamento.

Antonio Ameijide recorda que os locais non están acondicionados polo que os propios beneficiarios dos baixos terán que asumir o custe do arranxo do local. “Os emprendedores terán que facer fronte aos custes de acondicionamento, polo que, case seguro terán que pedir un crédito para afrontar unha tarefa que tería que acometer o Concello de Lugo antes de polos a disposicións dos propios emprendedores”, afirmou o popular.

 

Posta en funcionamento dos negocios

O voceiro popular tamén lamenta que, ao igual que sucedeu co proxecto da praia fluvial, Lara Méndez nin ninguén do seu equipo leu as bases da convocatoria pública para o aluguer dos locais da Tinería, xa que nunha parte das bases falan de “hai un prazo de catro meses” para iniciar a actividade dende que se entregan as chaves do local, pero, nas mesmas bases, no punto nove das cláusulas do contrato de arrendamento que terán que asinar os emprendedores, se estipula que “o negocio deberá poñerse en marcha, en todo caso, antes de que transcorran 2 meses a contar, de data a data, dende o momento en que o Concello de Lugo entregue ao adxudicatario/a posesión e chaves do local”, de feito, calquera que coñeza o Concello de Lugo sabe que “é imposible cumprir esta condición”.

Un aspecto que, ademais, choca co elevado retraso na resolución de licenzas que hai no Concello de Lugo, polo que os emprendedores non terán tempo para avaliar a rendibilidade do seu negocio.

Ademais, o popular recorda que o Concello de Lugo podería incorrer en posibles responsabilidades porque na web municipal aparece unha información que non se corresponde coa que aprobaron en xunta de goberno.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies