Economía

O PP aplaude a achega da Xunta de preto de 400.000€ para desenvolver 2 novos obradoiros de emprego en Lugo

By 27 Xullo, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que “máis dunha trintena de lucenses se beneficiarán dos programas de incorporación das Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á arqueoloxía así como da especialización de atención sociosanitaria e dinamización que se desenvolverán no Concello ao abeiro desta iniciativa autonómica”

Formación e un contrato de traballo é a oferta que a Xunta de Galicia brinda a unha trintena de lucenses a través de dous obradoiros de emprego que se veñen de resolver e que se van desenvolver en colaboración co Concello de Lugo.

O voceiro popular Antonio Ameijide agradeceu “o esforzo inversor e a sensibilidade do goberno da Xunta en materia de emprego, en especial, o apoio á xente moza” xa que o 50% das prazas que se ofrecen están dirixidas aos menores de trinta anos.

O popular tamén salientou a cualidade dos programas puntualizando que  “un dos obradoiros está encamiñado a mellorar a calidade e efectividade do uso das TICs na investigación arqueolóxica e na conservación do patrimonio cultural, ten unha duración de nove meses e oferta un total de 16 plazas. Os participantes vanse formar en producción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de acción culturais. O orzamento aprobado é de 223.967€”.

“Para  os menores de 30 anos se organiza un obradoiro, con  quince prazas, que baixo o epígrafe de Lugo coidate se especializará na atención sociosanitaria a persoas en institucións e tamén na formación en dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. O investimento da Xunta ascende a 141.188 €” aclarou Ameijide.

A selección do persoal levarase a cabo en agosto e terán preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Estímase que os obradoiros se poñan en marcha a finais do mes de setembro.

Por último os beneficiarios deste programa, que a Xunta financia e leva a cabo en coordinación co Concello de Lugo, recibirán ademáis de formación e un contrato de traballo, un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio español. Ademáis dos alumnos-traballadores tamén serán beneficiarios directos destes obradoiros as persoas que se contraten para desenvolver tarefas de dirección, administración e os monitores e docentes das distintas especialidades.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies