PersoalTransparencia

O PP confirma que o director xeral de Recursos Humanos actúa como mercenario político da alcaldesa

By 9 Outubro, 2018No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que o director xeral de Recursos Humanos perdeu toda a “lexitimidade” para exercer o cargo, polo que se lle pagán 4.700€ ao mes (máis de 56.000 euros ao ano), ao constatar que a súa principal función é ser un troll nas redes sociais en lugar de solucionar os problemas de persoal que, por desgraza, son moitos no Concello de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou a situación que se vive no Concello de Lugo, onde o director xeral de Recursos Humanos, en lugar de solucionar os problemas que os diferentes gobernos socialistas crearon nos últimos 19 anos en materia de persoal, se adica a ser un “mercenario” político da alcaldesa nas redes sociais.

Antonio Ameijide fai esta afirmación, despois de coñecer as declaracións que o director xeral de Recursos Humanos realiza nas redes sociais, onde “unicamente carga contra o Partido Popular” mentres os problemas de persoal seguen “latentes” no Concello lucense, en lugar de solucionarse.

Para o voceiro popular, o director xeral de Recursos Humanos “superou a liña que non tiña que sobrepasar” ao cargar contra o grupo maioritario da oposición, polo que queda patente que a súa “neutralidade está cuestionada”, polo que desapareceron dous dos principios que tiñan que rexer o seu xeito de actuar “o equilibrio e a neutralidade”. “Temos claro que o camiño elixido por esta persoa ratifica as nosas denuncias previas e que non é a persoa idónea para ocupar este posto”, afirmou Ameijide, e despois das súas declaracións “non está lexitimado” para estar á fronte deste posto nin para resolver os problemas de persoal do Concello.

As declaracións do director xeral de Recursos Humanos son “inaceptables” polo que desde o Grupo Popular se insta a Lara Méndez a que “o chame á orde” para que, dunha vez, se ocupe das súas funcións, que lle custan máis de 56.000 euros cada ano a  todos os lucenses.

Unha figura, a do director de persoal, que incluso, segundo o voceiro popular, aconsella “de xeito erróneo” á alcaldesa, e para mostra, a votación do último pleno relativa á reforma do Regulamente Interno de Persoal, que rexeitou toda a oposición en bloque.

Antonio Ameijide recorda que para a cobertura desta praza non houbo nin concorrencia nin publicidade. O voceiro popular lembrou que tanto na normativa autonómica coma na estatal esíxese que a designación de persoal directivo ten que levarse a cabo mediante procedementos públicos que permitan a concorrencia de candidatos, algo que non se deu nesta ocasión, ao igual que “coa anterior persoa que ocupou este cargo directivo” engadiu o popular.

O popular recorda que Lara Méndez podería estar incorrendo nun posible delito de malversación e noutro posible de prevaricación xa que “hai un acordo do pleno de xaneiro no que se elimina este cargo”, acordo que a rexedora se empeña en obviar, polo que, no seu momento, desde o Grupo Popular se puxo o asunto en coñecemento do xulgado.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies