Persoal

O PP consegue que o pleno de Lugo respalde á Policía Nacional e Garda Civil en Cataluña malia os votos contrarios de Lugonovo, BNG e ACE

By 26 Outubro, 2017Outubro 30th, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide recriminou a ambigüidade dos socialistas que, ata o último momento, non clarificaron a súa postura a favor da inicitiva do Grupo Popular e na que tamén se solicitaba equiparar o salario destes axentes co resto dos corpos de seguridade autonómicos

O Grupo Popular considera unha “indignidade”  que os grupos de Lugonovo, BNG e ACE votasen en contra da iniciativa en apoio á Policía Nacional e á Garda Civil en Cataluña. Os populares consideran unha falta de respeto aos corpos de seguridade do Estado que digan que Lugo non ten encaixe nesta inciativa lembrando que en Cataluña tamén policías nacionais e gardas civís lucenses.O voceiro popular, Antonio Ameijide, tamén criticou a ambigüidade dos socialistas que ata o último minuto non desvelaron o seu voto a favor desta iniciativa.

Os populares celebraron “o apoio unánime da corporación para elaborar unha ordenanza que regule a saca de madeira así como un inventario de camiños rurais para evitar problemas de titulariedade”. Manuel López explicou que é necesario e urxente poñer en marcha estas propostas e explicou que,  tendo en conta o incremento da actividade forestal, sería moi interesante contar cunha normativa que obrigue aos madeiristas á reparación limpeza e á retirada dos residuos da corta de madeira así como establecer unha fianza en función do tipo de vía, maquinaria empregada, tipoloxía dos camiños …”.

As outras dúas proposicións que o PP presentou no pleno sairon aprobadas cos votos do PSOE a relativa a adhesión ao programa Doing Business para a captación de investimentos empresariais. A outra iniciativa do Grupo Popular encamiñada a mellorar a transparencia en materia de contratación foi apoiada polos grupos da esquerda e cidadáns. Os populares interpretan o voto en contra do PSOE como un síntoma máis do oscurantismo do goberno local.

Xa por último no marco do debate das sentenza xudiciais que afectan ao Garañón, os populares lembraron que a proposta de hoxe do PSOE “é idéntica á que presentamos hai 7 meses para que se suspenderan licenzas para o estudo do planeamento do ámbito e se iniciasen os traballos para a modificación puntual do PXOM necesaria para o cumprimento de as sentenzas do TSXG”. Os populares reflexionaron que “a clasificación do solo como urbano non consolidado xamais estivo en entredito, nin foi motivo de impugnación, polo que só a través da modificación puntual do PXOM, se pode ordenar de novo este ámbito, ben establecendo a ordenación pormenorizada no propio Plan Xeral, ou ben , remitíndollela a un novo Plan Especial de Reforma Interior. A abstención neste punto do Grupo Popular vén motivada porque descoñecemos cómo e cando se vai a executar este traballo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies