O voceiro popular Antonio Ameijide critica que “a alcaldesa retrase a posta a disposición os 2.241m2 necesarios para realizar esta infraestructura, tan necesaria, por ser un dos puntos negros con maior siniestrabilidade de Lugo”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide visibilizou a “descoordinación” que hai no Partido Socialista que “esixe a Madrid a execución dunha glorieta, na confluencia da Nacional VI con Alfonso X, cando a obra non pode realizar porque a alcaldesa, ainda, non lle entregou ao Ministerio os terreos necesarios para acometela”.
Ameijide lembraba que foi en outubro de 2016 cando o goberno central requeriu os metros que se precisan para facer esta rotonda lamentando “o retraso inxustificado e inexcusable de Méndez”.
O popular aludíu á resposta que, a unha pregunta por escrito dunha deputada socialista no Congreso matizando que “é sorprendente o caos interno e a casa dos líos socialistas” engadindo que “teñen a cara dura de reclamar esta infraestructura, cando esta, está bloqueada en espera a que o Concello mova ficha e entregue os metros necesarios para a súa construción”. Na contestación do Ministerio tamén se aclara que “por parte da Deputación se cederon (anque aínda non se levou a cabo a súa formalización) parte dos terreos, pero non a totalidade dos requeridos para poder realizar a actuación proxectada”
Ameijide considera “grave que, logo de ano e medio, a alcaldesa siga sen resolver a petición do Ministerio de Fomento sobre todo cando se está falando de solucionar un dos puntos máis conflictivos, e con maior siniestrabilidade do Concello”. “Todos os meses rexístranse colisións de diversa consideración ainda que, moitos deles, resólvense con partes amistosos, este punto é problemático e precisa dun sistema que regule o tráfico e aminore a velocidade para gañar en seguridade vial”
O voceiro popular explicou que hai tres meses (16 de xaneiro de 2018) o Servizo de Enxeñería presenta un informe no que ratifica que “é posible a autorización por parte do concello das obras a executar previstas por non contravir o disposto no vixente PXOM”. O popular explicou que a maiores deste documento no expediente figuran outros dous informes previos favorables á cesión dos terreos, tanto do Servizo de Arquitectura, con data do 15 de decembro de 2017, como do Servizo de Medio Ambiente con data de 2 de xaneiro de 2018. Á vista desta documentación o popular que pregunta aos socialistas “cales son os motivos polos que o goberno local segue dilatando a cesión destes terreos”.
Primeiro paso dunha actuación “máis completa”.-
A conversión en rotonda do cruce entre Afonso X e a Nacional VI “é un primeiro paso importantísimo dunha acción máis completa” que incluirá a ampliación nun carril da estrada en dirección Madrid entre a ponte branca e a nova rotonda; e un vial de conexión coa rúa Santiago. Estas actuacións non afectarán ao parque Marcos Cela xa que se respetan os acordos plenarios, de abril de 2011, maio de 2010 e xuño de 2009, que foron impulsados polo Grupo Municipal do PP para blindar a zona verde.