O voceiro popular Antonio Ameijide denuncia que das 59 proposicións aprobadas dende o inicio do mandato a iniciativa do PP “só tres se executaron e en 4 delas se fixeron trámites ou están parcialmente feitas”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide asegurou que está atónito pola irresponsabilidade do goberno socialistas e pola súa falta de capacidade de priorizar e organizar o traballo no Concello. O popular considera “pouco serio que se escondan detrás do traballo dos funcionarios e os sobrecarguen de tramitacións administrativas cando moitas das cuestións pendentes só dependen de que tomen a iniciativa e adopten unha decisión política”. O popular facía esta reflexión logo de asistir ás comisións de seguimento dos acordos de pleno e a xuntanza de voceiros convocada para chequear o cumprimento do Plan de Investimentos para o presente exercicio e que se aprobou o pasado mes de xuño.
O voceiro popular afirmou que dende a última reunión convocada para chequear o seguimento dos acordos plenarios a situación non mellorou e que a noticia hoxe é “que non hai novidades nin destes acordos nin tampouco do Plan de investimentos”.
Con respecto ás 59 proposiciones aprobadas a iniciativa do PP puntualizar que só se executaron tres: a do desconto do recibo de lixo por mor da folga de basura; a convocatoria da comisión de planeamento e a constitución da comisión do Garañón. De forma parcial figura o abastecemento da parroquia de Orbazai así como na elaboración da Relación de Postos de Traballo (en tramitación) e o plan de tráfico de A Ponte (actuación na rúa Fermín rivera pero non se interviu nas interseccións conflitivas do barrio), construción Colexio Sagrado Corazón. O balanzo é demoledor só cumpriron un 5% das iniciativas e semellan non ter unha excesiva vontade de traballo cando en tres meses só fixeron dous únicos informe analizando a viabilidade dunha única proposta dun total de 213”
Para o popular resulta “unha tomadura de pelo” que no caso da ORA sexa a propia alcaldesa a que afirme que “está aparcada”. Nada se sabe tampouco do leiraparking do HULA, a gratuídade do transporte urbano para os menores, as escrituras dos propietarios das vivendas da Croa, a reanudación das obras da biblioteca da Piringalla, a actualización da ordenanza de contaminación acústica, a municipalización do guindastre.
Antonio Ameijide teme que “a parálise do goberno afecte tamén ao desenvolvemento do Plan de Investimentos que grazas ao PP saiu adiante e que blinda unha partida de case 4.5M€ para investimentos en Lugo neste 2017”. O popular explicou que nunha situación de normalidade, se se contase cun goberno fiable e que cumprise coa palabra dada, non terían razón de ser estas dúas comisións. O voceiro dos populares matizaba que “en Lugo co PSOE no goberno e con Lara Méndez como alcaldesa nin coas auditorías ás que lles sometemos dende o Partido Popular son capaces de facer o seu traballo”.
A conclusión dos encontros que se celebraron hoxe é clara e concisa “a xestión do equipo de goberno é nula, estamos ante unha alcaldesa sen apoios: non contou co apoio dos veciños porque non foi candidata e que onte tivo que sufrir o desplante dos grupos que a reprobaron”. O popular matizaba que “malia este tirón de orellas” os grupos da esquerda, ao non aceptar á enreda da moción de censura que suxeriu o PP “quedaron retratados como cómplices do PSOE na parálise e no desgoberno que hai no Concello de Lugo”.