EconomíaSen categoría

O PP critica que o Concello de Lugo siga cobrando plusvalías inxustas sen informar aos lucenses

By 4 Marzo, 2018Marzo 8th, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide pregunta ao goberno local se, dende que o Grupo Popular alertou desta situación, estableceu algún  mecanismo para asesorar aos contribuíntes do dereito a reclamar a devolución do imposto que pagaron indebidamente, así como, de que ese dereito se extingue polo trascurso do prazo de prescrición de catro anos.

O voceiro popular Antonio Ameijide lembrou que o Concello de Lugo segue recadando a plusvalía sen informar aos contribuíntes da perda do seu dereito a reclamar polo transcurso dos catro anos de prescrición.

O voceiro popular explicou que presentou unha batería de preguntas para clarificar se os socialistas, dende que o PP alertou o ano pasado desta situación, implantaron algún mecanismo para devolver aos afectados as as plusvalías municipais mal cobradas.

O popular tamén sumouse á proposta do PP deG para que o Concello de Lugo poda utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución deste imposto explicando que “esta mesma semana se vén de rexistrar unha proposición non de lei na que se solicita ao Goberno central que permita o uso destes fondos para o reintegro deste imposto cobrado inxustamente”.

Os populares queren saber, en primeiro lugar, se o Concello de Lugo puxo en marcha algunha medida para informar e asesorar aos contribuíntes acerca da sentenza do Tribunal Constitucional pola que se declara que non procede pagar o imposto de plusvalías naqueles casos nos que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.

En segundo lugar preguntan se se solicitou algún informe para aclarar os termos legais e os efectos da devandita sentenza así como as súas posibilidades de aplicación. Os populares tamén piden que se cuantifique o número de recursos que foron presentados no Concello de Lugo polos contribuíntes solicitando a devolución do indebidamente abonado en concepto de imposto de plusvalías e, xa por último, preguntan se dende a administración local se segue cobrando este imposto nos casos en que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.

Ameijide indicou que “lamentablemente os socialistas de Lugo non están a axudar aos veciños que tiveron que facer fronte a este imposto a pesar de que o inmoble que venderon perdeu valor e, polo tanto, non correspondería tributar por este concepto tal e como se recoñece en varias sentenzas ditadas polo Tribunal Constitucional. A última, lembrou  foi do pasado 11 de maio e nela se recoñece a insconstitucionalidade desta práctica e a posibilidade de reclamar aos concellos o cobrado indebidamente”.

Os populares piden ao goberno local que “dé resposta á demanda do PP de devolver este imposto  que cobraron a lucenses de forma inxusta xa que o dereito a percibir a plusvalía cobrada indebidamente prescribe aos catro anos. Transcorrido este prazo dende que se ingresou o diñeiro pola venda , o dereito quedaría estinguido”, matizou o voceiro popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies