Sen categoría

O PP critica a “falta de valentía” do PSOE e a “intransixencia” de Lugonovo e BNG por negarse a apoiar á Policía Nacional e Garda Civil

By 10 Outubro, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Popular lamenta “a ambigüidade” dos socialistas lucenses, que decidiron aprazar a súa decisión ata o vindeiro pleno, recriminándolles a súa “incongruente actitude” xa que  “o seu partido votou a semana pasada a favor dunha proposta idéntica no Parlamento de Galicia”

O Grupo Popular lamenta “a ambigüidade” dos socialistas lucenses e “a intransixencia” de Lugonovo e BNG que rexeitaron apoiar, na xunta de voceiros que se reuniu hoxe a instancias do Grupo Popular, a declaración institucional en apoio á Policía Nacional e á Garda Civil en Cataluña. O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que “ao non acadar o consenso de todos os grupos políticos para ser aprobada o seu grupo vese obrigado a elevar esta petición como proposición ao vindeiro pleno municipal”.

O voceiro popular recrimina “a falta de valentía” dos socialistas lucenses á hora de adherirse de xeito inmediato a este documento, que se rexistou o pasado 6 de outubro, xa que “é un texto idéntico ao acordo que se  votou no Parlamento de Galicia, a semana pasada, condenando as accións contra as forzas de seguridade en Cataluña”.

Con respecto a Lugonovo e BNG criticou a cerrazón de ambos grupos políticos “é esperpéntico” que den a espalda á adhesión a unha declaración institucional que o único que avala “é o labor destes corpos de seguridade en aras á defensa e á protección dos dereitos e libertades amparados pola Constitución”. “Estamos falando de efectivos que traballan pola defensa do Estado de Dereito e para salvagardar a convivencia , a seguridade e a tranquilidade da cidadanía”.

Ameijide manifestaba que “é inxusto que se lles trate como enemigos” indicando que “entre os membros desprazados a Cataluña tamén se atopan lucenses”.

Por último, o voceiro popular anunciou que o seu Grupo se entrevistará nos proximos días con representantes dos sindicatos policiais e asociacións da garda civil para transmitirlles “o noso apoio incondicional, poñernos a súa disposición e escoitar as súas demandas”.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies