El Grupo Popular presentó un escrito a la alcaldesa reclamando que “la baja de 470.000 € de la obra de la pasarela y el paso subterráneo frente al Anxo Carro, que se financia con fondos europeos, se destine a mejorar este acceso principal que comunica el casco urbano de Lugo con el Miño”
O concelleiro o do Grupo Popular Ángel Trabada lamenta a “miopía política do goberno socialista” que esquenceu incluir, nestes 5 proxectos, da estratexia do Edusi, o acceso principal que une o casco urbano de Lugo co Miño a través da calzada da Ponte.
Os populares anunciaron que presentaron un escrito dirixido á alcaldesa no que suxiren que “a baixa do orzamento do paso soterrado do Anxo Carro, que suma 464.889 €, se destine a mellorar esta rúa do barrio da Ponte” xa que engadiu “estamos a falar da baixada natural que comunica o río coa cidade”. Trabada explicaba que “non ten sentido que se esté falando de investimentos millonarios de fondos europeos en proxectos próximos ao Miño cando, de entrada, se deixa de lado actuar na Calzada da Ponte”.
Trabada manifestou que nos 5 proxectos do Muramiñae, que se presentaron aos grupos da oposición, non figura ningunha actuación directa nesta rúa. “É unha mágoa que descarten planificar de forma integral o futuro deste barrio” sublimando que “se se aspira a que sexa accesible se debería estudar de forma conxunta a peonalización do último tramo desta vía”. O popular tamén explica que este podería ser unha boa oportunidade para estudiar se é necesario ampliar dos gálibos dos dous pasos das pontes que hai no treito que comunica a rúa Santiago coa ponte Romana (un á altura da Ronda do Carme e o segundo á altura da Nacional VI – adxúntanse fotos). “Se nón se inclúen agora estas actuacións pasará o mandato sen facer nada nesta zona”, resumiu o popular.
Os populares tamén lembraron a necesidade de acondicionar unha zona de aparcamento público tal e como se aprobou, a instancias do Partido Popular en setembro de 2017 . Trabada pregunta ao goberno socialista si se iniciaron os trámites necesarios para estudar a mellor localización e posterior construción desta infraestructura.
Por último, o concelleiro popular concluía que “esta zona ofrece unhas grandes posibilidades para convertirse nun dos entornos urbanos máis atractivos de Lugo” lamentando que “unha vez máis a falta de proxecto global de cidade do goberno socialista frene a súa posta en valor sobre todo, tendo en conta, que o Camiño Primitivo discurre por esta vía”.