O vicevoceiro popular Enrique Rozas analizou as respostas que os socialistas ofreceron á batería de preguntas formuladas na última comisión de economía
O vicevoceiro do Partido Popular Enrique Rozas desvelou que segundo o informe de asesoría xurídica o goberno local ten sobre a mesa sen resolver “un total de 218 reclamacións por responsabilidade patrimonial, 174 dependen do concello exclusivamente mentres que as restantes están pendentes de procedementos contenciosos administrativos”. Os populares explican que nos anos 2015, 2016 e 2017 estas reclamacións supuxeron un desembolso de 94.080 € aos que habería que sumar os 41.079,84€ por varias sentenzas nas que se certifica a responsabilidade municipal e en concepto de costas xudiciais
Dende que Lara Méndez é alcaldesa, ano tras ano, aumentaron as reclamacións por incidencias nas que o concello é o responsable final e, por tanto, ten que asumir o pago de indemnizacións. Das 57 reclamacións do ano 2013 pasaron ás 98 do ano 2017 “alcanzando o máximo histórico o que se treduce nun abandono por parte dos socialistas do mantemento diario de servizos básicos: fixación de colectores, reposición tapas de sumidoiros ou arranxo de pavimento en vía pública , entre outras”.
Os populares temen que o número de reclamacións por responsabilidade patrimonial continúe “in crescendo” xa que no medio ano que levamos deste 2018 xa se rexistraron un total de 46.
Críticas polo retraso da devolución plusvalías
O vicevoceiro popular Enrique Rozas tamén criticou que o Concello sega cobrando plusvalías sen informar aos lucenses o seu dereito a reclamar a devolución do imposto que pagaron indebidamente, así como, de que ese dereito se extingue polo trascurso do prazo de prescrición de catro anos.
En resposta a unha batería de preguntas que presentou hoxe o PP á Comisión de contas se confirma que, neste momento, o goberno local ten 154 peticións de veciños que reclaman a devolución da plusvalía e que o importe solicitado ronda os 300.000 €. Os populares lembran que se dictaron sentenzas contrarias ás plusvalías nos inmobles que non experimentaron incremento de valor e que condenan aos Concellos a reintegrar as cantidades abonadas por particulares