A concelleira Mari Teijeiro explicou que “é unha incongruencia” que en Lugo se duplique o número de taxis adaptados mentres que, por outra banda, o goberno local rebaixa a partida dos orzamentos para os veciños que utilizan este servizo. A edil matizou que se pasaron dos 9.000 € de orzamento para esta axuda á mobilidade a os 5.000 € para este ano.
Nese senso, a popular anunciou que o seu Grupo pedirá explicacións en comisión dos motivos deste recurte xa que se os orzamentos para este exercicio foron subrogados non ten sentido que se merme a partida.
A popular achaca esta manobra “á falta de planificación que hai en Servizos Sociais e á política de traballar sobre a marcha que caracteriza ao goberno socialista”. Teijeiro lembrou outro despropósito similar como foi a última convocatoria de axudas para material escolar “aumentaron as axudas para as familias pero non incrementaron a partida orzamentaria”. “Todo apunta a que a subvención non chegará a todos os lucenses que as precisen porque os cartos que se destinan para este fin non van chegar”, reflexionou a concelleira do PP. Dende o Grupo Popular, á vista desta situación, reclamou que se leve a cabo, se é preciso, unha modificación orzamentaria para que ningunha familia, que cumpra cos requisitos da convocatoria, quede sen a axuda para material escolar
A popular considera paradóxico o anuncio que os socialistas fixeron no mes de maio no que “sacaban peito de que Lugo era o primeiro municipio galego que duplicaba a ratio de taxis adaptados que marca a lei autonómica de accesibilidade e supresión de barreiras cando, por outra banda, tres meses despois reducen a partida destinada para axudar aos usuarios deste servizo”.
A popular agarda que os socialistas non se disculpen desta rebaixa asegurando que a fan porque non hai quen pida estas subvecións “este é un dos seus manidos argumentos cando teñen que xustificar redución de presupostos tanto para estas axudas específicas de taxis adaptados como para as axudas de emerxencia social”. Neste último caso quero lembrar que non se gasta o orzamentado pero os lucenses que solicitan esta axuda seguen a recibir como contestación un “xa se esgotou a achega mensual da que dispoñen os traballadores sociais”.