CulturaInfraestruturasObrasTurismo

O PP culpa a Méndez de desmantelar a brigada de augas bloqueando a reparación das fugas das casetas

By 10 Outubro, 2018Outubro 11th, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide lamenta a imaxe que se está proxectando aos visitantes dun dos principais reclamos do San Froilán e achaca o retraso da reparación a “unha incapacidade de xestión, despreocupación e falta de reflexos”

O Grupo Popular esixe á alcaldesa que axilice a reparación das fugas que afectan dende onte ás casetas do polbo e que, a estas horas, segue sen solucionarse. O voceiro popular  criticou “a incapacidade de xestión da alcaldesa” lamentando que a imaxe de Lugo quede en evidencia pola incompetencia dos socialistas que “por mor da súa falta de reflexos deixan en ridículo e danan a imaxe dun dos principais reclamos do San Froilán” xa que o corte de auga afecta a un dos puntos clave e dos escaparates do San Froilán.

Ameijide tacha de “despropósito” a despreocupación do goberno socialista á hora de reparar as tres roturas que se produciron na rede municipal e que afectan tanto as casetas como a vivendas e negocios de Frei Plácido Rei Lemos. O popular manifestou que “os continuos problemas para arranxar fugas no municipio son froito do desmantelamento do servizo de augas que forzou o Partido Socialista”.

Os populares afirman que “é terceiromundista que as casetas e negocios do entorno leven dende onte sen subministro” e non comprenden porque o goberno socialista utiliza unha dobre vara de medir en alusión a que “envían a unha empresa privada a resolver outro rebentón similar na Praza da Soedade mentres que deixan abandonados aos empresarios e veciños afectados do bancal do parque de Rosalía de Castro”.

Os populares pregúntase “que imaxe se van levar os comensais que vaian a degustar o polo ao ver que as casetas están sen auga e que levan así dous días completos. Ameijide puntualizaba “se non son capaces de resolver os problemas reais da cidade e estar á altura dos seus cargos, por dignidade, deberían recoller as súas cousas e deixar o goberno”.

O Partido Popular denunciou en numerosas ocasións que o desmantelamento do Servizo de Augas que promoveron dende os diferentes gobernos socialistas ten como consecuencia que as fugas de auga non se reparen nin polas noites nin durante as fins de semana.  O voceiro popular explicou como “o retraso no pagamento das gardas aos 8 operarios provocou que decidisen plantarse polo que, neste momento, nin ás noites, nin os festivos hai efectivos de garda para reparar as posibles avarías”.

Os populares insisten en que a alcaldesa de Lugo “en vez de asumir a súa responsabilidade e pagar os atrasos prefire condenar aos veciños a sufrir retrasos nas reparacións ou a ter que asumir os sobrecustes de contratar a empresas externas”. Ameijide subliñou que esta última solución supón un encarecemento da factura final da reparación xa que “hai que pagar o servizo de urxencia, nocturnidade e ademais as avarías tardan máis en repararse porque as firmas privadas descoñecen o deseño da rede o que ralentiza e encarece as reparacións xa que os que realmente coñecen á perfección a rede de abastecemento son os empregados municipais, aos que o goberno municipal dá as costas”.

O Partido Popular sempre defendeu que era preciso reforzar o departamento de augas lembrando que foi grazas a unha iniciativa da autoría do Grupo Popular se adquiriron os actuais equipos e cabina para manipular tubarias de fibrocemento o que permite aos traballadores municipais a realizar as reparacións sen ter que recorrer a empresas externas.

Dende o Grupo Municipal do Partido  insisten en que hai que pagar as cantidades adebedadas das gardas e das horas extraordinarias e  “regularice xa” a situación deste servizo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies