O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que co modelo de carrís bici proposto por Lara Méndez a cidade perderá máis de 500 prazas de estacionamento o que empeorará a mobilidade en Lugo, polo que esixiu “traballo e a busca de alternativas á supresión de estacionamentos” aos socialistas para solucionar os problemas que hai na cidade
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou hoxe que Lara Méndez presentara o proxecto do carril bici de Lugo como “un parche”, xa que non resolveu ningún dos problemas que ten Lugo e que “urxe solucionar”. Ameijide refírese aos problemas de mobilidade que hai en Lugo, xa que a alcaldesa aínda non renovou o modelo de transporte urbano nin solucionou os problemas de aparcamento que hai na cidade, de feito a proposta de hoxe “agravaos”.
O voceiro popular aplaude o proxecto do carril bici para Lugo e os lucenses, pero “sempre e cando sexa un proxecto serio e ben pensado”. O popular di isto porque o proxecto socialista que se presentou hoxe “non ten sentido algún”.
Antonio Ameijide recorda que dende o Grupo Popular sempre defendemos a existencia de carrís bici na cidade, algo para o que en setembro de 2013 pedimos a creación dun plan integral para potenciar o uso da bicicleta e, en setembro de 2015, presentamos unha proposta para impulsar o uso da bicicleta. “Dende o Grupo Popular queremos que a bicicleta sexa unha realidade para Lugo e para iso non vale medias tintas. Non podemos defender que se creen vías para bicicletas que non teñen conexión entre si e que esquecen zonas da cidade”, explicou o popular.
Ademais, o voceiro popular tamén denunciou que Lara Méndez non so non resolveu problemas graves en Lugo, senón que os “agravará” xa que coa creación do carril bici se eliminarán na cidade máis de 500 prazas de aparcamento. Ameijide explica que no proxecto presentado polos socialistas se especifica que se perderán 2.354,5 metros lineais de prazas de estacionamento, o que supón “a desaparición” de 523 prazas de aparcamento.
TREITO | RÚAS | METROS | PRAZAS |
Frai Plácido Rei Lemos – Parque | 32.5 | 7 | |
Mar Cantábrico – Ronda | Río Navia | 65 | 14 |
Garaballa de Abaixo – Avenida das Américas | Rúa Ameneiro | 63 | 14 |
Rúa da Saúde | 288 | 64 | |
Rúa Orquídea | 87.5 | 19 | |
Fábrica da Luz – Zona histórica | Rúa Xermán Alonso | 104 | 23 |
Avenida Marqués de Ombreiro | 639.5 | 142 | |
Már Cantábrico – Avenida de Madrid | Ronda do Carme | 49 + 25 (carga e descarga) | 16 |
Rúa Azalea | 55 | 12 | |
Rúa Portugal | 221 | 49 | |
Rúa López Guntín | 195 | 43 | |
Rúa Dona Urraca | 90 | 20 | |
Fonte dos Ranchos | 36 | 8 | |
Praza Avilés | 45 | 10 | |
Ponte Romana – Zona histórica | Rúa García Portela | 140 | 31 |
Paseo do Miño | 5 | 1 | |
Río Ulla | Río Ulla | 9 | 2 |
Residencia | 496 | 110 |
Antonio Ameijide pon de relieve a perda de prazas de estacionamento que se producirá en varios barrios da cidade, como pode ser A Residencia, onde se perderán 219 prazas para aparcar, unha zona na que “son e serán moi necesarias” xa que alí se abrirá un centro de saúde, un PAC e unha residencia para persoas da terceira idade, ademais de que xa están en funcionamento as consultas de psiquiatría.
O voceiro popular ademais non comprende como os socialistas “so fan política para uns poucos” xa que o plan de carrís bici que presentaron hoxe só da cobertura ao 20% da cidade e “esquece totalmente” o campus, os centros de formación profesional e os centros educativos, todos eles puntos nos que a cidadanía demanda “itinerarios seguros” en bicicleta.