Deportes

O PP denuncia que o Concello non realiza o mantemento das pistas da Cidade Cultural

By 2 Novembro, 2017No Comments

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Enrique Rozas asegura que o goberno local asumíu o coidado destas instalacións nun convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Consellería de Educación no ano 2008

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denuncia que o goberno local “non asume a parte que lle corresponde” do mantemento das pistas da Cidade Cultural, segundo o establecido no convenio que asinaron o 14 de febreiro de ano 2008 o Concello de Lugo e a Consellería de Educación.

Enrique Rozas explicou que segundo este acordo de colaboración, a Consellería de Educación e o Concello de Lugo utilicen conxuntamente estas instalacións. O popular dixo que no convenio se recolle na cláusula 4 que “o Concello de Lugo será o encargado da vixilancia do recinto e realizará un axeitado mantemento, conservación e vixilancia das instalacións de forma que o uso fóra do horario lectivo non impida ou dificulte as actividades dos centros educativos da zona. Para isto contratará ao persoal necesario, o cal deberá permanecer nas instalacións durante o tempo que sexan utilizados fóra do horario escolar polo Concello ou por aqueles colectivos sociais aos que previamente se lles autorice”.

Á vista desta cláusula, Enrique Rozas lamenta “o nulo interese demostrado polo goberno local para o mantemento e bo uso das devanditas instalacións”, xa que, recordou o popular, estas pistas empréganse a diario por case medio millar de usuarios, entre os estudantes dos centros educativos e os atletas que as empregan para adestrar a nivel de club ou individual.

Rozas explicou que no ano 1988 a Xunta realizou unha inversión de 57.317.101 pesetas para a colocación do tartán nesta instalación que ata ese intre contaba cunha pista de cinza, sendo posteriormente renovadas as instalacións no ano 2007.

Ademais, o vicevoceiro popular asegura que hai importantes deficiencias nas pistas como “os fosos de lanzamento e de area, a suciedade, xa que é habitual que despois das fins de semana se poidan ver restos do botellón, non funciona a rega automática e un aspecto xeral de estar moi descoidadas, case esquecidas”. Enrique Rozas asegura que “as queixas dos usuarios son patentes e reiteradas polo mal estado das mesmas”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies