EconomíaTransparencia

O PP denuncia que o goberno de Lara Méndez se escuda nas vacacións de Ana Prieto para impedir o acceso á información aos grupos da oposición

By 27 Agosto, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que o equipo de goberno “denegou” o acceso a unha información solicitada polo Grupo Popular, ata o regreso das vacacións da edil de Economía, para fiscalizar o traballo do goberno local, a pesar de que “como concelleiros da oposición temos dereito a estudar esa información” o que demostra “o nivel de transparencia” que ten o goberno de Lara Méndez

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia “as trabas” que o equipo de goberno pon ao Grupo Popular á hora de realizar a súa labor de oposición ao “denegar” o acceso a unha documentación, en materia de economía, solicitada polos populares, alegando que a concelleira de Economía, Ana Prieto, se atopa de vacacións.

Antonio Ameijide lamenta “fondamente” este exercicio de “cero transparencia” practicado polo equipo de goberno ao “torpedear” o traballo de fiscalización do goberno local que “os grupos da oposición temos o deber de realizar”.

O voceiro municipal popular destaca tamén a “incongruencia” dos socialistas que mentres negan o acceso á documentación tamén afirman que “están obrigados a facilitar información, sen necesidade de que o membro da corporación acredite estar autorizado”, segundo se recoller no decreto asinado polo voceiro do goberno local, Miguel Fernández. Ademais, sinalan no mesmo decreto que “a documentación solicitada resulta precisa para o desenvolvemento das súas funcións”.

Neste senso, Antonio Ameijide sinala que “non se pode bloquear” o funcionamento do Concello de Lugo porque unha concelleira se atope de vacacións algo que, por outra parte, “é moi lícito xa que ten dereito a elas”, o que ocorre é que “amparándose na súa ausencia impiden o noso traballo”. “Agora entendo á perfección o que pasa no Concello de Lugo, os socialistas pensan que a cidade se paraliza cando eles marchan de vacacións”, sentenciou o voceiro popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies