Economía

O PP denuncia que o goberno local ten en caixa 20M€ mentres debe case 9M€ a proveedores

By 25 Novembro, 2017Novembro 27th, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide asegura que nun informe do interventor se pon de manifesto que “existen fondos máis que suficientes para afrontar o pagamento das obrigas pendentes” o que evidencia unha “falta total” de xestión por parte de Lara Méndez e o seu equipo de goberno

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público que o goberno socialista de Lugo demora o pago a pesar de que segundo un informe do interventor municipal hai máis de 20 millóns de € (20.639.912,90€). en contas bancarias para facer fronte ao pago dos case 9 millóns de € (8.802.515,81€)que o Concello debe a proveedores.

Ameijide denunciou esta situación que “é insostible” para os pequenos e medianos empresarios que ven como teñen que seguir facendo fronte aos seus gastos mentres o equipo de Lara Méndez decide non pagar en prazo as facturas que debe aos suministradores de produtos e servizos. Segundo o informe do interventor ao que facía referencia o voceiro popular “a 30/09/2017, data na que se obtivo o último PMP mensual de setembro de 2017 (79,82 días) e que foi remitido ao Ministerio na plataforma de Coordinación coas Entidades Locaias as obrigas pendentes de pago ascenden a 8.802.515,81€. Á mesma data, no arqueo mensual realizado correspondente ao mes de setembro, constan certificados das entidades financeiras cos saldos bancarios das contas operativas que suman un saldo bancario total de 20.639.912,90€”.

O voceiro popular afondou aínda máis no informe de intervención, no que o interventor asegura que “existen fondos máis que suficientes para afrontar o pagamento das obrigas pendentes”. Ademais, nese informe o interventor municipal asegura que “os datos do incumprimento do PMP NON están motivados por unha mala situación económica, nin financeira nin de liquidez se non que está motivada por dúas situacións: a ausencia de conforme e tramitación do servicio de electromecánicos por falta de persoal e ausencia de ferramentas informáticas e telemáticas”.

Un informe que para Ameijide demostra “o desgoberno” ao que estamos sometidos os lucenses, xa que non é de recibo que “habendo cartos dispoñibles” para facer fronte ás débedas a proveedores non se solucione esta situación e que tampouco se solventen os problemas de persoal do Concello que “de novo se poñen de manifesto”. “Esta moi ben deixar a débeda cos bancos a cero, pero é igual ou máis importante pagar aos proveedores, que a fin de contas, son os que xeran movemento económico e riqueza na nosa cidade”, afirmou o popular.

Unha consecuencia desta situación é o incumprimento do Período Medio de Pago a proveedores que nos últimos meses no Concello experimentou un aumento que pode provocar que se chegue “á peor situación de pago” que se vivíu neste Concello baixo mandato socialista. Antonio Ameijide explica que despois de avaliar o informe de intervención ponse de manifesto que en todo o 2017 os socialistas nunca cumpriron coa normativa vixente en materia de morosidade. Segundo esta lei, as administracións teñen que pagar aos proveedores en 30 días, e o Concello de Lugo fíxoo en case 80 días (79.82 días) no mes de setembro.

Unha situación que podería provocar que o Concello perdese subvencións por parte do Estado. A normativa actual establece que o interventor municipal ten a obriga de realizar “unha comunicación de alerta” á administración que ten a tutela das Corporacións Locais se detecta que o Concello supera en máis de 30 días o prazo máximo de pago previsto na normativa de morosidade en dous meses consecutivos (unha situación que se dá en Lugo 79,44 días en agosto e 79,82 en setembro). Nese intre a Corporación local ten que adoptar as medidas que lle permitan xerar a tesourería para a reducción do períopdo medio de pago e, se persiste a situación, “a Administración Xeral do Estado realizará a retención de recursos derivados da participación en tributos do Estado para satisfacer as obrigas pendentes de pago aos proveedores”.

Outro dato revelador do informe de intervención son as facturas pagadas fóra de prazo. Antonio Ameijide explica que no terceiro trimestre do ano pagáronse 3.426 facturas por un importe de 7.873.320,37€. Desas facturas só 750 se pagaron dentro do prazo establecido de 30 días, facturas que ascenden a un total de 2.719.476,01€. “Non se pode permitir que habendo máis de 20 millóns de € en caixa só se pagaran en prazo o 21,89% das facturas”, explicou o voceiro popular, que engadíu que desde que comezou o ano a tendencia foi a peor xa que “no primeiro trimestre só se pagaron en prazo o 55,14% das facturas (1.169 de 2.120) e no segundo trimestre só o 20,40% das facturas (1.870 de 9.166) datos que evidencian unha nefasta xestión de Lara Méndez e do seu equipo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies