A concelleira popular Mari Teijeiro advirte que “en meses como decembro e xaneiro se dispara a facturación das horas por atención de conserxería duplica ás doutros meses” o que interpreta “como unha práctica irregular acusando aos socialistas de ser cómplices deste despropósito”
O Partido Popular alerta que o goberno socialista está usando persoal dunha empresa privada para substitución dos ordenanzas de Centros de Convivencia. A popular Mari Teijeiro indicou que esta practica é habitual, dende hai anos, nos Centros do Sagrado Corazón, UxíoNovoneyra, Milagrosa, Maruja Mallo e Fingoi, cando os conserxes adscritos a estes servizos disfrutan de turnos de vacacións ou días de asuntos propios.
A popular explica que “en meses como decembro e xaneiro as horas que a empresa de Animación Sociocultural factura ao Concello duplica ás doutros meses”. En xaneiro de 2017 Serviplus Total realizou 536 horas en concepto de de atención de conserxería nos 5 Centros Cívicos, en Decembro de 2017 facturou 570 horas cando a media é dunhas 225 horas mensuais.
Estes datos fannos pensar que o persoal da empresa non está nestes centros, tal e como correspondería dentro da legalidade, só durante as fins de semana que é justamente cando non hai persoal laboral para dar cobertura a esta atención. Nese senso anunciou que pedirá explicacións e o pertinente informe da xefa da área correspondente.
Para a concelleira esta practica podería constituir un delito de cesión ilegal de traballadores xa que os traballadores da empresa privada poderían presentar denuncias para intentar entrar no Concello pola porta de atrás. Teijeiro explicou que o goberno local é coñecedor desta situación xa que “o PP alertou desta cuestión hai un ano e, malia todo, non fixo nada por frear esta práctica e evitar o risco de que estes traballadores externos se consoliden como persoal municipal”. A concelleira popular explicou que hai 20 traballadores da empresa de Animación Sociocultural que, tal e como se recolle nun informe, realizan habitualmente funcións no servizo de dinamización e atención como conserxes nos Centros de Convivencia de Lugo.
A edil do Partido Popular manifestou que non entende os motivos polos que os socialistas “existindo listas de contratación, elaboradas recentemente, para esta categoría non fan uso das mesmas para a provisión das sustitucións deste persoal” recriminándolle á alcaldesa que “non garantice os principios básicos de igualdade, mérito, capacidade e publicidade”