CulturaTurismo

O PP denuncia que os socialistas renunciaron á pedir á subvención da Xunta para mellorar a sinalización turística do Concello

By 25 Setembro, 2018Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Ángel Trabada lamenta que o goberno de Lara Méndez deixe pasar a ocasión de recibir unha subvención do goberno autonómico para mellorar a sinalización en materia de turismo no Concello, a pesar da “gran necesidade” de mellorar neste eido debido ao “mal estado” no que se atopan a maior parte da sinalización

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, lamenta que o equipo de goberno socialista do Concello de Lugo optara por non solicitar este ano as axudas que a Xunta de Galicia concede para mellorar a sinalización turística dos municipios da comunidade.

Trabada di que o ano pasado o goberno local si solicitou estas axudas, obtendo unha subvención de 50.000€, que foi o 75% da inversión total que o Concello de Lugo realizou para renovar a sinalización turística de Lugo.

O concelleiro popular non comprende o motivo de non solicitar este ano as axudas que concede o goberno galego xa que “a sinalización turística de Lugo está moi mal” e por iso preguntará aos socialistas os motivos de non solicitar estas axudas “moi necesarias” para mellorar a sinalización en materia de turismo que hai en Lugo.

Para o popular estamos ante un novo “desprezo” do goberno de Lara Méndez aos turistas que chegan á cidade, unha materia na que a cidade mellorou nos últimos anos grazas ao “esforzo da iniciativa privada”.

Ademais, Ángel Trabada critica o que cualificou como “un desprezo” dos socialistas de Lugo á Xunta de Galicia, unha administración á que tantas veces criticaron por, segundo eles, non cumprir con Lugo pero que “á hora da verdade” demóstrase que son os propios socialistas os que “nin solicitan” as axudas para logo “enganar” aos cidadáns dicindo que o goberno autonómico se esquece de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies