O Partido Popular afirma que o punto limpo do Ceao “é un imán para os amigos do alleo que a diario entran no recinto para apropiarse dos materiais metálicos de aparatos eléctricos e electrónicos que os lucenses depositan alí”.
A concelleira popular Ana López Pombo asegura que “nas últimas semanas os asaltos son prácticamente diarios” puntualizando que “pese a que, hai un mes, a Xunta de Galicia financiou e dotou ao punto limpo dunha marquesina para protexer os aparatos eléctricos e electrónicos continuan os saqueos”. López Pombo asegura que “os ladróns reventaron xa varios candados cos que se pecha a porta do galpón onde se acumulan estes residuos”.
Os populares alertan de a que “a falta de vixilancia chega a tal extremo” de que “os amigos do alleo teñen tempo suficiente a sacar os obxectos polo butrón que hai no peche perimetral e que logo, ao pé do punto limpo, destrozan os aparatos e os queiman para extraer os componentes metálicos máis valiosos de ordenadores, pantallas de televisión, electrodomésticos …”.
López Pombo advirte que “esta práctica está provocando que os arredores do punto limpo do Ceao se convertan nun vertedoiro incontrolado” xa que os asaltantes “abandoan, alí mesmo, as carcasas e elementos que non son do seu interese contaminando a zona”.
A concelleira popular lamenta que “a desidia dos socialistas afecte al funcionamiento desta instalación”. López Pombo asegura que o seu pasotismo contrasta cos investimentos realizados pola Xunta no punto limpo explicando como “o pasado 25 de maio instalouse a marquesina para os residuos eléctricos e electrónicos e nas próximas semanas se vai impermeabilizar, a maiores a Xunta entregou unha balanza para residuos e a traspaleta de residuos grandes investindo en total 16.300 euros”
Para a popular é “vergoñento” que o goberno local socialista non exerza as súas competencias reclamando, entre outras cuestións, “un peche perimetral máis seguro para evitar os butróns xa que a valla metálica que existe, e que está completamente parcheada, non é suficiente para intimidar aos ladróns”.
A edil do PP referiuse a outro dos problemas que continúa sen resolver que é o relativo “ás filtracións de auga que existen no recinto no que se atopan os colectores de sustancias perigosas como son as pilas ou baterías”. Ana López Pombo explica que a auga de chuvia entra no recinto habilitado para depositar estes residuos polo que “non se garantiza que sustancias contaminantes poidan chegar á rede de sumidoiros”. A popular reclama que “se peche de forma máis hermética posible o recinto onde se gardan estes materiais”.
Outra das demandas dos populares para mellorar o funcionamento do punto limpo “é recuperar o horario de xornada continua para facilitar aos lucenses o depósito de materiais para o seu reciclado”. Todas estas cuestións se trasladarán á corporación a través dunha iniciativa de pleno.