EconomíaTransparencia

O PP “desmonta” as medias verdades socialistas sobre o pago a provedores ao desvelar que aínda hai facturas do ano 2017 pendentes de aboar

By 31 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide desvela que entre as facturas pendentes de pago hai unha correspondente á póliza do seguro de accidentes do Corre con Nós 2018 (rexistrada o 25 de xaneiro), factura da que se levantou o pago con seis meses de atraso e cunha actitude, a da alcaldesa, que parece pouco responsable cando se fala da cobertura dunhas probas deportivas, que a día de hoxe xa remataron

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desmontou as mentiras socialistas sobre o período medio de pago a provedores do Concello de Lugo, despois de que a concelleira de Economía, Ana Prieto, afirmara que este período é de 17 días. Un dato que o voceiro popular tirou por terra ao amosar facturas pendentes de pago do ano 2017.

Antonio Ameijide afirmou que o pasado venres Lara Méndez asinou un novo decreto no que levantaba máis pagos con reparos de legalidade, por valor de 1.618.482,43€, o que deixa o total anual en 9.258.247,72€, aos que se engaden os 2.5M€ con reparos de legalidade que se desbloquearon no pleno.

Entre as facturas que se aprobaron neste último decreto hai varias viaxes de novembro de 2017, a xestión catastral do terceiro trimestre do ano pasado ou unha factura referente á limpeza do vello cárcere, tamén do ano 2017. “Só con estas facturas se demostra que os socialistas seguen a mentir e que aprobar agora o pago de facturas do ano pasado non é pagar a autónomos e empresas lucenses en 17 días”, afirmou o popular. Incluso, no que se refire ás facturas de viaxes, os socialistas seguen a financiar as viaxes do Concello con cargo aos autónomos de Lugo, facendo que teñan que soportar dilacións “extremas” no pago das facturas.

Antonio Ameijide tamén explicou que aínda está pendente de pago a póliza do seguro de accidentes do Corre con Nós 2018, o circuíto de carreira populares que organiza o Concello de Lugo e que xa se celebraron. “O que está claro é que parece pouco responsable dilatar o pago deste tipo de facturas cando se fala da cobertura de probas deportivas, que a día de hoxe xa remataron, e nas que participan centos de lucenses”, explicou o popular.

O voceiro popular explica que o Concello de Lugo segue a contar con 23 servizos sen contrato ou co contrato caducado, caducando 11 deles baixo o mandato de Lara Méndez, 6 foron herdados do anterior alcalde e outros 6 se prestan, directamente, sen contrato, unha situación que provoca que no Concello de Lugo se manteñan os pagos á marxe da lei e sen que Lara Méndez faga nada por solucionar esta situación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies