Economía

O PP destaca que os 600.000 € dos programas de emprego da Xunta permitiron contratar en 2018 a máis de 60 lucenses

By 7 Setembro, 2018No Comments

O vicevoceiro popular Enrique Rozas fixo un balanzo do investimento da administración autonómica e da súa sensibilidade con impulsar o emprego trala concesión dos novos obradoiros para o Concello que formarán a desempregados en contidos relativos á confección de webs, marketing, produción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais

O Grupo popular valora positivamente o investimento e a sensibilidade do goberno da Xunta en materia de emprego salientando que no que levamos de ano se leva investido en programas de emprego no municipio preto de 600.000 euros impulsando a contratación de máis de 60 lucenses.

Os últimos talleres que se veñen de conceder para o municipio lucense  beneficiarán a un total de 36 persoas. Un dos programas está integrado no paquete de garantía xuvenil e beneficiará a 16 menores de trinta anos. A achega económica para o seu desenvolvemento é de 154.262 € e os contidos que tratará son os relativos á confección e publicación de páxinas web así como xestión de marketing e comunicación.

Outro dos obradoiros que se porán en marcha, e que terá nove meses de duración máis tres de posibles prácticas laborais, é un programa encamiñado a formar aos participantes en producción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. O investimento que aporta a Xunta é de 288.807 € ofertando un total de 20 prazas.

As persoas desempregadas que se beneficiarán destes obradoiros de emprego adquirirán coñecementos teóricos e prácticos en distintas especialidades e recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio español.

No que levamos de ano a Xunta, a maiores destes dous programas, tamén subvencionou outros empregos como a achega de 142.538 €  para  20 traballadores da Risga para prestar servizos por sete meses ou a contratación de 4 socorristas para a cal concedeu 12.000.000 €. Os populares concluiron que “é unha boa nova para Lugo que se impulsase a contratación destes 70 lucenses”.

Por último, o vicevoceiro popular Enrique Rozas agradecen “a boa disposición da Xunta co Concello de Lugo xa que se atendeu ao 100% dos obradoiros que solicitou o goberno local”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies