Economía

O PP desvela que, en dous anos, Méndez situou a Lugo “á cola das cidades galegas” na creación de empresas

By 26 Febreiro, 2018No Comments

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que “os retrasos na concesión de licencias frenan a apertura de novos negocios”  urxindo a Méndez a “eliminar o cuello de botella das licencias atascadas para evitar fuga de empresas a outros municipios”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide desvelou que os datos do Instituto Galego de Estatística sobre a creación de Sociedades Mercantís, no período comprendido entre os anos 2015 a 2017, son reveladores da “situación de parálise na que se encontra o municipio de Lugo dende que Lara Méndez chegou á alcaldía”.

Ameijide puxo de manifesto que “Lugo vai  contracorrente con respecto ao resto dos municipios onde si medrou o número de empresas, aquí pasamos das 174 de 2015 ás 166 de 2017”. “Somos o único municipio, xunto co de Vigo, no que se rexistra unha tendencia á baixa” lamentou o voceiro dos populares quen acusou a “Méndez de propiciar, co seu goberno de mínimos e a súa apatía esta situación “a parálise municipal est afectando aos investimentos na cidade o que repercute na creación de postos de traballo”.

O popular indicou  que “esta situación provoca unha inseguridade xurídica para o sector e custes para os emprendedores” destacando catro casos de 2017 “de reformas e construcións de naves das Gándaras onde o Concello de Lugo tardou entre 8 a 10 meses en tramitar os permisos necesarios”. “É unha mágoa que tendo un polígono 5 estrelas como é o caso do das Gándaras o goberno local non esté á altura e sexa máis proactivo, perdendo oportunidades de potenciar esta zona industrial”.

“Son prazos inadmisibles que é necesario corrixir canto antes para evitar fuga de empresas” e, nese senso, o popular insta á socialista Lara Méndez tomar as medidas que sexan necesarias para “eliminar o cuello de botella das licenzas atascadas”.

Os populares avanzaron que presentarán unha batería de preguntas para chequear o número de licenzas pendentes de concesión tanto para iniciar obra nueva como para facer reformas en negocios xa existentes. A xuizo do voceiro do PP “o Concello ten unha responsabilidade directa á hora de animar aos emprendedores” engadindo que “as disculpas de que a culpa é de Montoro aquí non ten cabida”.

Os populares critican que alcaldesa incumpla o programa electoral do seu partido que anunciou “a bombo e platillo” que consolidarían a Lugo como referente industrial potenciando a creación de empresas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies