Persoal

O PP di que o goberno local incumpre a Lei de Procedemento Administrativo na práctica das notificacións

By 31 Outubro, 2017Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Mari Teijeiro denuncia que o Concello de Lugo non dispón de mecanismos propios para realizar o segundo intento de notificación aos cidadáns conforme ao horario establecido na normativa vixente

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, denunicou que o Concello de Lugo “incumpre” a Lei de Procedemento Administrativo no referente ás notificacións en papel “ao non contar con suficiente persoal” para realizar o seu traballo segundo o establecido pola lei. A popular asegura que dende o ano 2014 “os socialistas non fixeron nada por evitar a reducción de oito a tres o número de notificadores do Concello” o que produce unha merma importante no funcionamento do servizo.

Mari Teijeiro explicou que a normativa vixente establece que cando “a notificación se practique no domicilio do interesado e ninguén puidera facerse cargo da recepción da mesma, farase un novo intento en xornada diferente dentro dos tres días seguintes. É dicir no caso de que o primeiro intento se fixera antes das tres da tarde, o segundo intento deberá realizarse despois desa hora e viceversa”. Nembargantes, este caso nunca se cumpre, segundo explicou a edil popular, “xa que os tres notificadores cos que conta o servizo teñen horario de mañá e non se contempla a realización da súa labor noutro horario”.

Teijeiro explica que por mor disto, o Concello se ve na obriga de enviar as notificacións non recepcionadas polos cidadáns a través do servizo de Correos, “un suposto contemplado pola lei”, o que supón “ademais dun coste adicional para as arcas municipais, un problema de confusión para o notificado”.

A popular explicou que “se no intento de Correos novamente non se realiza a recepción da notificación prodúcese unha desubicación para o cidadán que, segundo o aviso xenérico deste servizo, só é sabedor de que o Concello de Lugo tentou realizarlle unha notificación, descoñecendo o motivo e o servizo do que parte a mesma”. “Comezá así unha situación peregrinaxe para o cidadán que acude ás oficinas municipais do Concello de Lugo para tentar recibir a devandita notificación. De ahí é derivado ao servizo de notificadores, que se atopa no Centro Social Uxío NovoNeyra, onde é fundamental reforzar o servizo para garantir que sempre esté un funcionario para atender aos cidadáns. Ahí lle informan ao interesado do servizo ao que ten que acudir para poder recoller a notificación”.

Por iso, Mari Teijeiro explica que “de non ser pola nefasta xestión en materia de persoal dos socialistas, este servizo podería realizar a súa tarefa dentro do que establece a Lei de Procedemento Administrativo sen, ademais, supoñer un custe para as arcas municipais, que só acudirían a servizos externos só en casos de urxencia”. Neste senso, a popular pide ao goberno local unha maior atención a este servizo, para gañar en eficacia e eficiencia, de maneira que sexa un servizo rendible sen custes extra para o Concello nin perxuízo aos destinatarios. “Non é de recibo que unha gran cidade como Lugo non dispoña dun servizo de notificacións que lle permita actuar conforme ao establecido na normativa vixente”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies