EconomíaTransparencia

O PP di que o superávit do que presume Méndez é, xustamente, a confirmación do seu fracaso como xestora

By 2 Maio, 2018Maio 3rd, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que “o desfase que se rexistra coas cantidades que preveían gastar e investir que, logo, non coinciden cos datos finais que figuran na liquidación do orzamento son unha nova proba da incapacidade de Lara Méndez para goberna o Concello de Lugo”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide recrimina “o triunfalismo” dos socialistas e “a pouca autocrítica” da alcaldesa de Lugo cando alardea do superávit de 6,4 M€ da liquidación dos orzamentos de 2017.

Para o popular esta cifra delata que “estamos diante dun goberno, e dunha alcaldesa que non foi quen de investir este diñeiro en novos proxectos no municipio e que, polo tanto non sabe gobernar, nin está á altura dos lucenses porque é unha nefasta xestora”.

Ameijide explicou que “chama a atención o desfase que hai entre as cantidades que preveían gastar ou investir que logo non coninciden cos datos finais que figuran na liquidación do orzamento”. O popular salientou que “dos 100 millóns de euros que tiñan no orzamento de gastos investiron finalmente 76 M€, o que acredita un fracaso na xestión”. Ameijide matizou que “o 89% do presupuesto inicial destinouse a personal e gastos correntes e dos 9.5 M€ que tiñan previsto para investir tan só foron capaces de executar  2.572.000 € é dicir o 26%”. En conclusión, os socialistas tan só investiron o 2.5% do orzamento total para o ano 2017.

En canto aos orzamentos de ingresos “o popular incidiu en que o PSOE non conseguiu ingresar 18.5M€ dos 107M€ que preveían” desglosando algúns conceptos onde se rexistra este desfase.

 

Concepto Presupuestado Recaudado Diferencia
IAE 4.067.453 € 3.352.376,37 -18%
ICIO 1.063.783 € 842.675,22 -21%
Agua potable 3.866.000 € 3.012.901,34 -22%
Sumidoiros 2.121.500 € 1.620.713 -24%
Recollida lixo 7.130.000 € 4.997.108,10 -30%
Licencias urb 380.000 € 229.466,99 -40%
Taxa escombros, andamios … 100.000 € 31.399,88 -69%
Infracción Ordenanza Circulación 2.447.700 € 1.310.715,88 -46%

 

O voceiro popular tamén criticou que “as transferencias da deputación, administración da mesma cor política do Concello, só se achega a metade do diñeiro previsto” contrapoñendo a súa falla de compromiso da deputación socialista co cumprimento da Xunta gobernado polo PP cuxas aportacións incluso superaron as previsións coas que contaba o propio Concello

 

Tributos Estado 16.500.000 € 14.312.655,24 -13%
Tributos CA 2.871.972,22 € 2.704.393,33 – 6%
Transferencias CA Servizos Soc 1.445.731 € 1.705.019,24 + 18%
Transferencias Emprego Desenvolvemento Local 210.121,38 336.521,72 + 60%
Otras subvenciones CA 93.276,40 127.396 + 37%
Deputación 834.162,84 € 394.545 – 53%

 

Para Ameijide a socialista debería ser máis prudente e menos triunfalista xa que “a situación económica do Concello é un reflexo da súa incapacidade de xestión” lembrando “o triste mérito de que Lugo encabece os rankings de ser un dos concellos que peor paga” engadindo que “o máis grave é que  non se paga porque non se xestiona xa que nas arcas municipais si hai diñeiro” lembrando que “o ano 2017 rematou con 8.863 facturas sen abonar”.

O popular  recordoulle que se houbese licitado os 22 servizos con contratos caducados xa que podería ter aforrado máis de 5 M€. Tamén aludiu á municipalización de contratos ruinosos como o da grúa, cun déficit crónico de 5M€.

Por último o popular recriminou á alcaldesa a “lentitude á hora de preparar este documento contable que se fixo cun retraso de dous meses de demora”. Ameijide indicou que “unha vez máis os socialistas se saltan os prazos” matizando que “a normativa especifica que se debe realizar antes do día primeiro de marzo do exercicio seguinte sublimando que o peche definitivo da liquidación de 2017 comunicouse a intervención o 26 de abril do presente exercicio”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies