Infraestruturas

O PP esixe ao goberno socialista que dea “unha solución definitiva” á escalinata que une a rúa Acea de Olga coa N-VI

By 3 Setembro, 2017Setembro 4th, 2017Sin comentarios

A  vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo lamentou o “abandono” deste camiño, algo ao que os socialistas “nos teñen acostumados nos últimos tempos” xa que é unha situación que se repite noutras zonas da cidade

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ána López Pombo esixíu ao goberno socialista de Lugo que “dea unha solución definitiva” á escalinata que une a rúa Acea de Olga coa N-VI, xa que agora “os veciños non a empregan xa que a maleza a cubre por completo” o que impide o paso dos lucenses, unha situación que se repite noutras zonas da cidade.

A vicevoceira popular explica que “o goberno socialista de Lugo debería plantexarse este problema e darlle unha solución. Se queren que se empregue teñen que limpar a maleza e sinalizar correctamente e adopar as medidas oportunas para dar unha saída segura aos peóns que a poderían empregar, xa que esta dotación remata na N-VI, o que é un perigo tanto para os usuarios como para os condutores dos centos de vehículos que, a diario, empregan esta vía para desprazarse”. Neste senso, López Pombo asegura que “se deciden apostar por esta escalinata” o equipo de goberno ten que “realizar os estudos necesarios para certificar a seguridade dos usuarios”. Pola contra, se o equipo de goberno “non pode garantir a seguridade dos lucenses que empreguen esta escalinata, o que teñen que facer é pechala dunha vez para evitar calquer inconvinte á cidadanía”.

A vicevoceira popular asegura que “é unha temeridade” que os socialistas teñan esta escalinata neste estado, “chea de maleza e sen sinalizar adecuadamante”. Neste senso, Ana López Pombo lamentou “a pasividade” do equipo de goberno que segue sen mirar o estado no que “teñen sumido” a cidade, “coa maleza invandindo as rúas” e complicando a vida diaria dos lucenses que “non merecen a selva” na que se está convertindo a cidade pola “inacción dos socialistas” e que “deixa unha imaxe penosa” para os turistas que se achegan ata Lugo para disfrutar das súas vacacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies