Zona rural

O PP esixe aos socialistas vixianza policial e que peche o antigo vertedoiro do Carqueixo

By 2 Marzo, 2018Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López denuncia que no antigo vertedoiro do Carqueixo o goberno local “desenténdese” das súas obrigas, polo que seguen a depositarse desperdicios que, nalgúns casos, poden ser susceptibles de ser un “suposto delito contra o medio ambiente”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe ao goberno socialista de Lugo que “limpe e peche” o antigo vertedoiro do Carqueixo para evitar a imaxe que ten actualmente, cheo de lixo e produtos contaminantes. O popular asevera que “o que alí pode verse, constitúe, nalgúns casos, posibles delitos contra o medio ambiente”. A zona na que o popular pide unha actuación “inmediata” é o antigo vertedoiro do Carqueixo, que se atopaba na marxe dereita da estrada que vai do Carqueixo a Bóveda.

Manuel López asegura que “hai dous meses” que a Xunta procedeu a limpar e sanear este lugar, pero o Concello “desenténdese” das súas obrigas neste punto, que se atopa nun monte comunal e é propiedade do Concello de Lugo, e “vemos como ás poucas semanas o lixo invade de novo este lugar que tiña que estar pechado e precintado polo goberno local”.

O popular asegura que “non é de recibo” que se gasten cartos públicos en descontaminar unha zona para despois “despreocuparse” do que alí sucede. López afirma que se non se pon remedio “a esta desfeita” dentro de pouco “voltaremos á situación na que estaba antes de que a Xunta limpara a zona”.

O concelleiro popular relata que na actualidade este antigo vertedoiro se atopa cheo de restos de queimas, productos contaminantes, como poden ser rodas vellas de vehículos ou electrodomésticos, cristais, madeira, tubaxes… “Son numerosos os residuos que de novo se amorean neste punto, moitos deles son contaminantes, polo que urxe unha actuación á altura para evitar que se repita esta imaxe”, apunta o popular.

Neste senso, Manuel López explica que pedirán ao goberno local que, en primeiro lugar, se limpe este punto e, a continuación, se peche dun xeito “efectivo” para evitar que ninguén poida acceder ao seu interior para realizar calquer tipo de depósito de material ou queimas de lixos. E, en terceiro lugar, que se dote este punto de vixianza policial para disuadir a calquera que pretenda acceder ao recinto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies