Persoal

O PP esixe explicacións que xustifiquen os 97.000 € que nos leva custado a Dirección Xeral de Recursos Humanos

By 13 Novembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide criticou que “os socialistas den a calada por resposta a un escrito rexistrado, hai un mes, no que se solicitaba un informe descriptivo sobre a actividade deste cargo político creado en xuño de 2016 cos votos de PSOE, Lugonovo e Cidadáns”

O Partido Popular agarda que  “en aras á transparencia” todos os grupos políticos incluído o do goberno apoien a petición de comparecencia, en Comisión, da Directora Xeral de Recursos Humanos que se solicitou esta mañá. O voceiro dos populares explicou que o Grupo Popular “vese forzado a pedir explicacións directas da funcionaria que ocupa este cargo como consecuencia do oscurantismo e a falta de transparencia da que fai gala este goberno”. Ameijide detallou que “deron a calada por resposta a un escrito, con data do pasado 19 de outubro, no que se solicitaba o informe descriptivo do traballo realizado para a reorganización do persoal”.

Antonio Ameijide indicou que, tralas expectativas que se xeraron sobre as funcións deste cargo, á cal o goberno local enconmendou a reorganización da política de persoal do Concello de Lugo “é de recibo que coñezamos o que se fixo, neste eido, nos últimos 16 meses”.

O voceiro popular insiste en que o perfil da persoa que ocupa esta nova dirección persoal é un posto de carácter político poñendo en tea de xuizo “o  gasto dos 97.000€ que levamos pagado por esta dirección xeral tomando como base máis de 72.000€ anuais consignados para este cargo”. Dende que se creou non vemos avances na RPT, nin nas ofertas de emprego público, nin a provisión de postos de traballo mediante convocatoria de concursos, nin a elaboración de listas para cobertura interina, nin a creación dun portal del empregado público, a actualización dos regulamentos e convenios en materia de persoal así como un control e coordinación das productividades e gratificacións …”

Ameijide aclarou que, na normativa vixente, se recoñece que “o persoal directivo estará suxeito a avaliación conforme aos criterios de eficacia e eficiencia, responsabilidade pola súa xestión e control de resultados en relación cos obxectivos que lles fosen fixados”.

Os populares, dende o primeiro momento, denunciaron que se trataba dun posto político que, curiosamente, coincide coa mesma persoa pola que se imputa judicialmente a Lara Méndez “por retrasar o seu cese como letrada asesora lembrando que  unha sentenza do TSXG lle ordenaba que fose antes de maio de 2016 e non se fixo ata xullo do mesmo ano”.

Os populares anunciaron que nesa mesma liña tamén presentarán un rogo para que se faga entrega a todos os grupos da oposición “das actas e acordos adoptados na comisión que debería estar funcionado tal e como se acordou, a proposta da alcaldía, no pleno do 30 de xuño de 2016 no que PSOE, Lugonovo e Ciudadanos votaron a favor de este novo cargo”. Asemesmo preguntarán polos obxetivos marcados pola área de desenvolvemento sostible.

A comparecencia da Directora Xeral de Recursos Humanos se votaría na vindeira comisión de desenvolvemento e Ana Sáenz daría conta aos concelleiros deste órgano no mes de decembro.171113_005

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies