A popular afirma que “en vez de estar falando de ampliar un servizo que goza de boa saúde atopámonos cun novo sobresalto que pón en risco a supervivencia desta dotación así como da Banda Municipal”
A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo esixe ao goberno local que tome as decisións necesarias para garantir a continuidade da Escola de Música. O rechazo, por parte do Tribunal Supremo do recurso interposto polo Concello á sentenza contra a ampliación da xornada para que os músicos poidan dar clases, preocupa ao Partido Popular. Amigo afirma que este é “outro varapau xudicial máis á errática política de Persoal á que tanto o anterior goberno como o actual nos teñen condenado aos lugueses.
A edil popular explicou que pedirá explicacións, en comisión, sobre o futuro a curto e a medio prazo tanto da Escola de Música como da Banda Municipal “queremos coñecer se os socialistas teñen un plan B que garantice a súa supervivencia”. Encarna Amigo insiste en que se clarifique en que situación van quedar os traballadores e alumnos tras coñecerse a sentencia e se logo deste mandato judicial está en perigo de desaparición a Escola de Música.
A concelleira popular lamenta que o conflicto laboral que hai enquistado no Concello tamén se cebe con estes servizos lembrando que “o persoal leva 3 años cobrando con reparos de legalidade”.
“Queremos que sexan tan áxiles para solucionar os problemas laborais deste colectivo como o foron para crear a praza da Dirección Xeral de Recursos Humanos” conminando aos socialistas a que actúen coa mesma celeridade que o fixeron con este cargo político. “Se teñen interese en manter o nivel da Escola de Música e da Banda sexan responsables e traballen para que non se desmantele”.
A concelleira do Partido Popular lembrou como “en 2011 o Partido Popular promoveu en pleno a creación da Escola Municipal de Música, agora traballaremos por que non desapareza”, subliña.