El portavoz del Partido Popular Antonio Ameijide explicó que el acuerdo alcanzado esta mañana para suprimir este puesto directivo “riw que o acordo acadado esta mañá para suprimir este posto directivo “tiene efectos inmediatos” rechazando el argumento del PSOE “que insiste en mantener este cargo político, designado a dedo en junio de 2016 con los votos de Lugonovo y Cidadanos, ligando esta decisión a los presupuestos cuando, a día de hoy, no están aprobados”
O PP exise que se suprima de forma inmediata o posto da Dirección Xeral de Recursos Humanos tras conseguir, hoxe, que se aprobase en pleno a iniciativa na que reclamaban que se eliminase este posto directivo feito a medida polo goberno local.
O popular desmontou os argumentos que utilizaron os socialistas para “torpedear este acordo de pleno” xa que “para manter este cargo político o intentan vincular aos orzamentos” matizando que “non se sostén esta decisión xa que, a día de hoxe, Lugo non ten orzamentos”. Antonio Ameijide explicou que como a votación do acordo ten efectos inmediatos “os socialistas non teñen excusa para escapar do seu cumprimento”. O popular advirte que “se desatenden este acordo terán que explicar, onde sexa oportuno, os motivos polos que insisten en manter un cargo directivo que se demostrou que non serviu para nada nos 19 meses que leva cobrando e que supuxo un gasto de máis de 100.000€”.
Ameijide tamén criticou a contradicción de Lugonovo “a marca blanca do PSOE” que “malia que recoñeceu que coa Dirección Xeral de Recursos Humanos apenas se avanzou en materia de persoal neste últimos 19 meses” rexeita votar en contra da supresión deste cargo designado a dedo.
O popular tamén desacreditou ao grupo de Cidadáns “de falta de coherencia e de dar bandazos neste asunto” puntualizando que “o seu voto foi clave, hai ano e medio, para crear este posto a medida” sendo cómplices directos do gasto de 72.000 € anuais que nos custa aos lucenses manter a este directivo. A señora Olga Louzaou tivo que rectificar dándolle agora a razón ás teses que, dende o primeiro momento, defendeu o Grupo Popular.
Contratos menores.-
O Grupo Popular consegue o apoio unánime de toda a corporación para que se implante un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e outra móbil.
O voceiro popular ironizou coa “teima dos gobernos socialistas de ser referencia do caciquismo moderno e de practicar unha política de cercanías herdada de Liñares”. Ameijide afirma que hai que evitar que se repitan as cifras do ano pasado cunha media mensual de gasto de 291.901€ en 55 contratos menores. O voceiro popular tamén destacou que no 60% dos 657 contratos menores asinados pola alcaldesa só había unha oferta sobre a mesa.
“Urxe desenvolver un sistema mediante o cal poidan relacionarse de forma áxil e eficaz os proveedores interesados en traballar co concello. Unha vez rexistrados nesta base de datos que propoñemos recibirían as notificacións de cada novo contrato menor que se oferte respectando as categorías predefinidas previamente”, explicou o voceiro municipal.
Ameijide agarda que este acordo unánime non que de en “papel mollado” xa que evitaría que só uns privilexiados se beneficien desta oferta pública.
Prisión permanente
O Grupo Popular lamenta a posición tomada polo resto de formacións do pleno, que rexeitaron escoitar o clamor popular que pide a permanencia da prisión permanente revisable no Código Penal. Pese a todo, o Partido Popular mantén o seu apoio á permanencia da prisión permanente revisable no Código Penal, algo que non poden dicir Lugonovo, BNG e Ace-EU.
Peor é a postura tomada por PSOE e Ciudadanos. Os socialistas, en función da adminitración na que se atopen votan en diferente dirección. O ex presidente do Goberno Rodríguez Zapatero e a ex vicepresidenta Fernández de la Vega votaron a favor no Consello de Estado. Os socialistas de Lugo votaron hoxe en contra da prisión permanente revisable, mentres que os seus compañeiros socialistas do Concello de Cáceres se abstiveron, o que demostra a falta de criterio entre os socialistas, nun tema de crucial importancia para garantir a seguridade, así como os dereitos e liberdades de todos os españois. Semellante rumbo tomaron en Ciudadanos, que non teñen claro a postura a seguir, xa que optaron pola abstención, o que demostra que non saben se apoiar a permanencia desta pena ou votar a súa derogación.
Enmiendas Transparencia
O Grupo Popular presentou dúas enmendas á proposta para o cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparenca, acceso á información pública e bo goberno no relativo ás subvencións municipais. Os populares pediron, en primeiro termo, instar ao pleno a que probe unha ordenanza para desenvolver a Lei de Transparencia, Acceso á información pública e bo goberno e, en segundo lugar, instar ao equipo de goberno a elaborar unha Guía de Transparencia dirixida ás asociacións, fundacións e demais entidades privadas que perciban subvencións e axudas públicas.