InfraestruturasTransparencia

O PP indignado porque o PSOE evita sancionar á multinacional que analizou nas instalacións municipais auga doutros concellos

By 21 Xuño, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide considera “incomprensible e decepcionante o proteccionismo dos socialistas” coa empresa concesionaria da Estación Depuradora de Augas Residuais, que opera sen contrato dende hai sete anos

O voceiro do Grupo Popular amosou “a súa decepción pola actitude proteccionista” que hoxe volveu a demostrar o goberno local cando informou, na comisión de infraestructuras, que logo dun ano de que Gestauga fixera un uso indebido do laboratorio da Estación Depuradora de Augas Residuais non se lle abriu un expedente sancionador.

Antonio Ameijide considera incomprensible  que os socialistas fagan a vista gorda sobre este asunto xa que “hai probas documentais, e mesmo a propia multinacional recoñeceu que empregou medios públicos para analizar auga doutros municipios”. O popular engadiu que esta práctica é algo “que está totalmente prohibido no contrato”.

“Está claro que, unha vez máis, o goberno local antepón os intereses da empresa aos intereses dos lucenses” razoando que “un ano despois dos feitos denunciados polo PP o único que se fixo foi abrir un expediente informativo xa que ainda non se valorou se se daba un paso máis para sancionar á multinacional”.

Outro aspecto que criticou Antonio Ameijide foi a inacción dos socialistas na defensa do traballador que puxo en coñecemento de representantes municipais estes feitos “é sorprendente que nin se molesten en defender a quen denuncia unha irregulariedade que afecta ao concello”. “Nin escoitan, nin  protexen  ao operario que denunciou estas irregulariedades, o deixan ao pé dos cabalos” concluíu.

Ameijide lamenta que os socialistas favorezan a unha empresa privada que xestiona, dende hai sete anos, o ciclo da auga sen contrato” lembrando outras irregularidades que figuran “nos sucesivos informes de Augas de Galicia que declaran como moi deficiente a xestión da depuración de augas na EDAR de Lugo”

Antonio Ameijide tamén explicou que os socialistas recoñeceron hoxe, na Comisión de infraestructuras, que non teñen alternativa para suplir as 523 prazas de aparcamento que se eliminan co proxecto do carril bici do Muramiñae. O voceiro popular indicou que por exemplo no barrio da residencia onde desaparecerán 219 prazas deriva aos lucenses aos aparcamentos disuasorios cando nesta zona non está previsto ningún.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies