Economía

O PP lamenta que Méndez presuma de liquidez cando Lugo é a gran cidade de Galicia que peor paga aos proveedores

By 23 Xaneiro, 2018No Comments

O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que, os últimos datos do informe de novembro do Ministerio de Facenda sobre o Período Medio de Pago a Proveedores (PMP) confirman a nefasta xestión económica da alcaldesa lucense que “rematou o ano 2017 sendo  incapaz de pagar aos autónomos e empresarios lucenses en menos de dous meses”

O Grupo Municipal do Partido Popular pon o punto de mira na calidade de pago a empresas e prestadores de servizos do Concello de Lugo lamentando estes teñan que sufrir retrasos de case dous meses para cobrar o seu traballo. Segundo os datos do mes de novembro, do informe que onte fixo público o Ministerio de Facenda o Período Medio de Pago en Lugo é de 54,93 días o que nos sitúa como a gran cidade de Galicia que peor paga e tamén nos coloca entre as 11 capitais de provincias españolas que incumpren o período medio de pago de 30 días.

 

Antonio Ameijide explica que segundo os datos deste informe de novembro de 2017 se desprende que Lugo remata o ano 2017 cun importe de pagos pendentes de 11.3 millóns de euros. “En dous meses incrementaron a cifra en 2,5M €, tomando como base os 8,8 Millóns de euros que figuraba no informe de setembro”,  o que ratifica que a xestión económica de Lara Méndez non mudou e segue a ser nefasta e empeorando”.

 

Para os populares o feito de que os socialistas de Lugo necesiten 54,4 días para pagar as súas débedas aos proveedores é un prazo excesivo. “Non se entende que presuman de contas saneadas” acusándoos de sufrir “unha miopía política aguda e de crerse as súas propias mentiras” matizou o popular.

Ameijide explicou que “lamentablemente, Lugo segue situada como primeira gran cidade galega que peor paga”. O popular detallou que casi duplicamos os días de demora con que se pagan as facturas en Santiago cunha media de 34,43 €, Ourense que paga en 26,18; e estamos moi lonxe  dos 19,59 de A Coruña  ou os 8,27 días de Pontevedra”.

O voceiro dos populares considera que esta situación, que tantos perxuizos ocasiona ás pequenas e medianas empresas así como aos autónomos de Lugo, é froito da parálise na que está inmerso o goberno socialista lucense.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies